RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo, con só 2 partidos

Xornada reducida esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA, a consecuencia do parón en categoría xuvenil, cadete e infantil polos compromisos das seleccións galegas.

Así pois, só teñen competición esta semana o Fabril, Deportivo ABANCA B, Infantil B, os dous equipos alevíns e os dous benxamíns.

De todos eles, só xogou en Abegondo o filial deportivista, que recibiu hoxe sábado 23 (0-1) ao CD Guijuelo.

O choque chegou ademais nunha semana especial para o filial. O Real Club Deportivo Fabril, coas súas diferentes denominacións e vinculacións co RC Deportivo, cumpriu o pasado xoves 105 anos de existencia.

O equipo dirixido por Luisito naceu oficialmente, como Fabril Foot-Ball Club, o 21 de febreiro de 1914, aínda que o primeiro partido do que hai constancia data do 26 de outubro de 1913.

Mágoa de que non chegase un triunfo ante o CD Guijuelo que achegaría un pouquiño máis a salvación, e de paso celebrar tan bonita efeméride.

Compiten lonxe da Cidade Deportiva o Deportivo ABANCA B (mañá domingo ás 12:30 en Mos) e Infantil B (1-6 hoxe sábado na Coruña ante o CD Ciudad Jardín). Alevíns e benxamíns disputan os seus encontros na Torre.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
26ª xornada: FABRIL 0 - CD GUIJUELO 1

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 21ª xornada: UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 24 de febreiro ás 12:30 nas Baloutas (Mos)

Categoría infantil
Primeira Autonómica, grupo 1º, 26ª xornada: CD CIUDAD JARDÍN 1 - INFANTIL B 6 (Martín -2-, Carballo -2-, Murilo e Erick)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 3ª xornada: URAL CF - ALEVÍN A, o domingo 24 de febreiro ás 19:00 na Torre (campo 3)

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 3ª xornada: ALEVÍN B 5 (Janusz, Diego, Nico Ruiz, Anxo e Balbas) - VICTORIA CF C 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 14ª xornada: URAL CF A 1 - BENXAMÍN A 1 (Paulo)

Segunda Fase grupo 1º A Coruña, 3ª xornada: BENXAMÍN B 3 (Nico, Javi e Iago Varela) - URAL CF C 0