O Alevín A protagonizou con triunfo os partidos adiantados en #ANOSACANTEIRA, cun encontro da Liga Comarcal xogado o pasado martes (1-4 en San Tirso), e outro do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 o pasado xoves (1-9 en Carballo).
A fin de semana sobresae en Abegondo a visita do líder do grupo 1º de Terceira División, a SD Compostela, ao Fabril. Será mañá domingo 16 ás 12:00, con entrada gratuíta para os socios deportivistas. A entrada de público custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.
Luisito, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro. Non poderá contar con David Sánchez, sancionado.
Será o choque máis destacado dunha xornada con, ademais, 3 partidos na Cidade Deportiva, todos eles hoxe sábado e todos resoltos con triunfos branquiazuis: Xuvenil B (2-1 ante o Rápido de Bouzas), Cadete A (4-0 fronte ao Coruxo FC) e Infantil A (4-1 ante o Pabellón Ourense CF).
Compiten lonxe de Abegondo o Xuvenil A (4-0 hoxe sábado en Mareo ante o Sporting), Cadete B (domingo ás 12:00 en Conxo) e Infantil B (domingo ás 10:00 en Carballo).
Finalmente, ten descanso o Deportivo ABANCA B, que renova a liga no grupo 1º de Primeira Nacional o primeiro domingo de marzo.
O calendario semanal de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira División
24ª xornada: FABRIL - SD COMPOSTELA, o domingo 16 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Categoría xuvenil
División de Honra, 22ª xornada: SPORTING DE GIJÓN 4 - XUVENIL A 0
Liga Nacional, 22ª xornada: XUVENIL B 2 (Nils e Jairo) - RÁPIDO DE BOUZAS 1
Categoría cadete
División de Honra, 22ª xornada: CADETE A 4 (Diego Gómez, Martín Ochoa e Nico -2-) - CORUXO FC 0
Liga Galega, grupo norte, 22ª xornada: CD CONXO SANTIAGO B - CADETE B, o domingo 16 de febreiro ás 12:00 no campo da Merced (Conxo, Santiago)
Categoría infantil
Fase polo Título Galego, 5ª xornada: INFANTIL A 4 (Jorge García -2-, Lucas e Juan Barros) - PABELLÓN OURENSE CF 1
Primeira Autonómica, grupo 1º, 23ª xornada: BERGANTIÑOS CF B - INFANTIL B, o domingo 16 de febreiro ás 10:00 nas Eiroas (Carballo)
Categoría alevín
Liga Comarcal, 11ª xornada, xogado o pasado martes: SAN TIRSO SD A 1 - ALEVÍN A 4 (David, Guillermo, Diego e Marcos)
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 2ª xornada, xogado o pasado xoves: ED LUIS CALVO SANZ A 1 - ALEVÍN A 9 (Anxo -3-, Janusz, Rubén, Pablo, Diego, Yago e Nico)
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 3ª xornada: ALEVÍN A - EF RACING DE FERROL A, o domingo 16 de febreiro ás 10:30 en Abegondo (campo 7)
Primeira C, 10ª xornada: ALEVÍN B 4 (Ioan -2-, Gael e Uxío) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF C 1
Categoría benxamín
Liga Comarcal, 11ª xornada: BENXAMÍN A 7 (Iago Lameiro -3-, Nico, Pablo Vara, Raúl e Pablo Somoza) - OLÍMPICO CF A 0
Primeira C, 10ª xornada: BENXAMÍN B 9 (Íker, Mateo -2-, Yael e Thiago -5-) - CD CALASANZ C 0