RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados en #anosacanteira hoxe sábado e partidos mañá domingo

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA está centrada na  visita do Fabril ao Extremadura no partido de ida da primeira eliminatoria da Fase de Ascenso a LaLiga 1|2|3. Será mañá domingo 20 ás 20:00 horas no Francisco da Hera de Almendralejo. A volta será o sábado 26 ás 17:00 horas en Abegondo.

Gustavo Munúa, técnico fabrilista, leva a estes xogadores: Francis, Álex Cobo, Blas, Raúl González, One, Diego Caballo, Iago Parga, Queijeiro, Gaizka, Martín Bengoa, Edu Expósito, Bicho, Romay, Borja Galán, Luismi, Jardel, Uxío e Luís Fernández.

En categoría xuvenil, o Xuvenil A caeu (4-0) ante o Athletic Club nos oitavos de final da Copa do Rei. Este resultado apea aos branquiazuis da competición, posto que na ida disputada en Abegondo tamén gañou o conxunto vasco (3-4).

Tamén arrinca a Copa o Deportivo ABANCA B. O seu primeiro rival, o domingo ás 16:00, será o Victoria FC B. Esta primeira rolda será a partido único.

No resto de categorías, sobresae a celebración da Fase Intermedia do Campionato Galego para o Alevín A (en Becerreá) e o Benxamín A (en Dumbría). Ambos foron campións das súas sedes e por tanto acceden á Fase Final Galega da súa categoría.

Desta forma, #ANOSACANTEIRA suma 10 títulos, após os conseguidos tamén polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña, grupo norte do Trofeo Luís Calvo de fútbol once e Fase Intermedia do Campionato Galego), Alevín B (Segunda, grupo 1º; e Segunda Fase, grupo 1º), Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º; e Fase Intermedia do Campionato Galego) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

Finalmente, tres equipos teñen torneo amigable esta fin de semana: o citado Xuvenil B, finalista mañá domingo en Nantes (Francia); Alevín B en Colonia (Alemaña); e Benxamín B, vencedor hoxe sábado en Camariñas.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Fase de Ascenso a LaLiga 1|2|3
Primeira eliminatoria, ida: EXTREMADURA UD - FABRIL, o domingo 20 de maio ás 20:00 horas no Francisco da Hera (Almendralejo)

Categoría feminina
Copa da Primeira Autonómica Feminina, eliminatoria previa: VICTORIA FC B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 20 de maio ás 16:00 no Municipal do Sergas (Santiago)

Categoría xuvenil
Copa do Rei, oitavos de final, volta: ATHLETIC CLUB 4 - XUVENIL A 0. Na ida: 4-3

34ª edición da International Rezé Football en Nantes (Francia)

Primeira Fase
Venres 18 de maio
XUVENIL B 1 (Julián) - AC BASSE GOULAINE 0
A MELLINET NANTES 0 - XUVENIL B 2 (Juanma e Iñaki)
XUVENIL B 1 (Juanma) - AJ AUXERRE 1

Sábado 19 de maio
Cuartos de final
NANTES FC 0 - XUVENIL B 0. Por penaltis: 6-7
Semifinais
TOURS FC 0 - XUVENIL B 1 (un futbolista rival en propia porta)
Domingo 20 de maio
Final
16:00: USJA CARQUEFOU FOOTBALL - XUVENIL B

Liga Nacional, 33ª xornada: XUVENIL B - RÁPIDO DE BOUZAS, o domingo 20 de marzo ás 12:00 en Abegondo (campo 3)

Categoría cadete
División de Honra, 33ª xornada: CADETE A 5 (Aye -3-, Mario e Peke) - RÁPIDO DE BOUZAS 2

Liga Galega, grupo 1º, 33ª xornada: BERTAMIRÁNS B - CADETE B, o domingo 20 de maio ás 11:00 no Municipal de Bertamiráns

Categoría alevín

Fase Intermedia do Campionato Galego en Becerreá (Lugo)

Sábado 19 de maio
Primeira Fase
ALEVÍN A 7 (Pablo -5-, Ayana e Lucas) - RESIDENCIA 1
URAL 0 - ALEVÍN A 3 (Lucas, Pablo e Álvaro)
ALEVÍN A 6 (Álvaro -2-, Pablo -2-, Hugo e Héctor) - EFM CONCELLO DE BOIRO 0
Semifinal
ALEVÍN A 8 (Lucas, Pablo, Ayana -2-, Zoe, Héctor, Luís e Samu) - OUTES 0
Final
ALEVÍN A 2 (Zoe e Pablo) - URAL 0

Amigable: FC WUPPERTAL 0 - ALEVÍN B 6 (Dani -3-, Jairo, Cristian e Pedro)

Rheinsüd PfingstCup 2018 en Colonia (Alemaña)

Sábado 19 de maio
Primeira Fase
ALEVÍN B 7 (Bruno -3-, Cristian, Jairo, Dani e Pedro) - SSVg VELBERT 0
ALEVÍN B 3 (Dani -2- e Cristian) - FC MULHOUSE 0
ALEVÍN B 2 (Dani -2-) - SFC STERN BERLÍN 1
Segunda Fase
ALEVÍN B 0 - FSV WAIBLINGEN 1
ALEVÍN B 0 - BOCHUM FC 1
ALEVÍN B 0 - FC SPARTAK TRNAVE 1

Mañá domingo, ás 9:00, arrinca a Fase de Bronce.

Categoría benxamín

Fase Intermedia do Campionato Galego no campo de O Conco (Dumbría)

Sábado 19 de maio
Primeira Fase
BENXAMÍN A 3 (Diego, Iago e Raúl) - LUÍS CALVO SANZ 0
RÁPIDO DE NEDA B 0 - BENXAMÍN A 2 (Nico e Diego)
BENXAMÍN A 6 (Diego -2-, Raúl -2-, Leandro e Pablo) - EF LALÍN 0
Semifinais
BENXAMÍN A 9 (Diego -3-, Anxo -2-, Nico, Janusz, Xavi e Raúl) - RESIDENCIA 0
Final
BENXAMÍN A 3 (Janusz -2- e Raúl) - SANTIAGO 1

Torneo As Baleas no campo Irmás Patiño (Camariñas)

Sábado 19 de maio
Primeira Fase
AS BALEAS 0 - BENXAMÍN B 10 (Paulo -3-, Mauro -2-, Ioan -2-, Uxío, Sergio e Caaveiro)
CORCUBIÓN 0 - BENXAMÍN B 4 (Gael -2-, Paulo e Nico)
BENXAMÍN B 8 (Caaveiro -2-, Trigo -2-, Ronquete -2-, Nico e Mauro) - FISTERRA 2
Semifinal
AS BALEAS 0 - BENXAMÍN B 8 (Nico -2-, Ronquete -2-, Trigo, Paulo, Ioan e Uxío)
Final
CORCUBIÓN 1 - BENXAMÍN B 5 (Mauro -2-, Ronquete, Uxío e Trigo)