RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA na que destaca o Xuvenil A, novo líder da División de Honra

Cinco partidos de #ANOSACANTEIRA xogáronse hoxe domingo. De todos eles sobresae o resultado do Xuvenil A, que gañou ao Bansander en Santander e recupera o liderado do grupo 1º da División de Honra, xusto cando a competición entra na súa fase decisiva.

Ademais, en Segunda División B, o Fabril visitou ao Real Madrid Castilla (2-0). O encontro decantouse na primeira metade para o equipo local, con dous goles brancos en apenas 3 minutos, nas súas dúas primeiras chegadas á meta fabrilista.

Tamén competiron fóra de casa o Deportivo ABANCA B (en Sanxenxo ante as Viaxes InterRías FF)  e o Infantil B (2-6 na Coruña fronte o Imperátor B). O primeiro foi suspendido no descanso polo colexiado do partido, Francisco Javier Raposo Barcia, para evitar confusión coas camisetas de ambos os equipos.

A xornada ligueira arrincou o pasado venres na Cidade Deportiva de Abegondo con tres partidos ligas: Xuvenil B (2-2), Cadete A (3-0) e Infantil A (4-1), os dous primeiros ante o Racing de Ferrol.

O Alevín A superou ao Victoria A en oitavos de final e clasificouse para a seguinte rolda da Segunda Fase da Primeira Comarcal.

Esta fin de semana tocou descanso para o Alevín B na 2ª xornada da Segunda Fase, posto que o seu rival retirouse da competición.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
23ª xornada: REAL MADRID CASTILLA 2 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 18ª xornada: VIAXES INTERRÍAS FF - DEPORTIVO ABANCA B (suspendido ao descanso)

Categoría xuvenil
División de Honra, 21ª xornada: BANSANDER 0 - XUVENIL A 4 (Boedo -2-, Mujaid e Antón)

Liga Nacional, 20ª xornada: XUVENIL B 2 (Jorge e Pichu) - RACING DE FERROL 2

Categoría cadete
División de Honra, 20ª xornada: CADETE A 3 (Peke -2- e Pol) - RACING DE FERROL 0

Liga Galega, grupo 1º, 20ª xornada: RACING DE FERROL B 0 - CADETE B 3 (Fito, Mouriño e Xavi)

Categoría infantil
Fase polo Título, 3ª xornada: INFANTIL A 4 (Roque -3- e Hugo Baldomar) - XUVENTUDE DE OROSO 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 22ª xornada: IMPERÁTOR B 2 - INFANTIL B 6 (Adrián, Álvaro -2-, Xosé, Barral e Óscar)

Categoría alevín
Segunda Fase de Primeira Comarcal, oitavos de final, volta: ALEVÍN A 7 (Ayana -3-, Luís, Héctor, Dani e Jorge) - VICTORIA A 0. Na ida: 2-0

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 4ª xornada: VICTORIA A 0 - BENXAMÍN A 7 (Diego -2-, Anxo -2-, Janusz -2- e Eder)

Segunda Comarcal A Coruña, 13ª xornada: BENXAMÍN B 9 (Paulo -4-, Nico -2-, Sergio, Ioan e Trigo) - PAIOSACO H. AÑÓN B 0