RCD / NOVAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA o sábado e calendario de domingo, con Fabril, Xuvenil A e Dépor ABANCA B en Abegondo

28/09/2019 19:30

O triunfo (4-0) de onte venres 27 de setembro en Abegondo do Infantil B sobre o Oza Juvenil SD abriu o calendario de partidos oficiais da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Hai ademais outros 5 partidos en Abegondo, 2 hoxe sábado (2-0 do Cadete B e 11-1 do Infantil A a EFM Concello de Boiro e EF Lalín respectivamente) e outros 3 mañá domingo 29, entre os que destaca ao choque do Fabril ante o CD Barco, ás 12:00 no campo principal.

Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso á Cidade Deportiva a este partido. Para o público, a entrada custa 10 euros.

Luisito, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro. Son baixa de maneira obrigatoria Javi Sánchez e David Sánchez, lesionados.

O encontro do Xuvenil A (12:00 fronte ao CD Mariña Sport) e o do Deportivo ABANCA B (17:00 ante o CD Oceja) completan o calendario do mañá domingo en Abegondo.

Lonxe da Cidade Deportiva xogan unicamente o Xuvenil B (0-5 hoxe sábado en Nigrán ante o ED Val Miñor B) e Cadete A (mañá domingo ás 12:15 en Sigüeiro ante o ED Xuventude de Oroso).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
6ª xornada: FABRIL - CD BARCO, o domingo 29 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD OCEJA, o domingo 29 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría xuvenil
División de Honra, 4ª xornada: XUVENIL A - CD MARIÑA SPORT, o domingo 29 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo 3)

Liga Nacional, 4ª xornada: ED VAL MIÑOR B 0 - XUVENIL B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)

Categoría cadete
División de Honra, 4ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO - CADETE A, o domingo 29 de setembro ás 12:15 no campo Liño Balado (Sigüeiro)

Liga Galega, grupo norte, 4ª xornada: CADETE B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM CONCELLO DE BOIRO 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 4ª xornada: INFANTIL A 11 (Zoe, Guerreiro -2-, Óscar -2-, Jorge García -3-, Héctor Beade, Lucas e Memet) - EF LALÍN 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 4ª xornada: INFANTIL B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - OZA JUVENIL SD 0