RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA sábado 21 e calendario domingo 22

Esta fin de semana inicia a liga o Alevín B, o último dos equipos branquiazuis en #ANOSACANTEIRA en arrincar a súa competición oficial. Farao na segunda xornada, posto que a primeira, que tiña previsto disputarse o pasado sábado, foi suspendida por falta de campos.

Desta forma, os 12 equipos de #ANOSACANTEIRA xa se atopan coas súas respectivas ligas en marcha.

En Segunda División B toca proba de madurez para o Fabril, que visita ao terceiro clasificado, o Navalcarnero madrileño. O partido xogarase mañá domingo 23 de outubro ás 16:30 horas.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a estes xogadores: Álex Cobo, Pablo Brea, Blas, Valín, Raúl González, Gaizka, Lucas, Carlos López, Queijeiro, Edu Expósito, Romay, Martín Bengoa, Óscar, Uxío, Mujaid, Ismael Díaz, Luismi e Jardel.

No resto de categorías sobresae o triplo enfrontamento co Lugo en División de Honra Xuvenil, Cadete e Liga Nacional Xuvenil.

Esta fin de semana compiten en casa o Deportivo ABANCA B (en Ponte dos Brozos); e Xuvenil B e Cadete A (Abegondo). Para estes dous últimos partidos de mañá domingo, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

A xornada de liga en #ANOSACANTEIRA arrincou onte venres co partido da 9ª xornada do grupo 1º da Primeira Autonómica entre o Infantil B e a Santa María del Mar, en Abegondo. Houbo empate (3-3) nun partido no que os erros defensivos custaron moi caro aos branquiazuis.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
10ª xornada: NAVALCARNERO - FABRIL, o domingo 22 de outubro ás 16:30 no Estadio Municipal Mariano González

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 7ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA FC B, o domingo 22 de outubro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
División de Honra, 9ª xornada: LUGO 1 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 8ª xornada: XUVENIL B - LUGO B, o domingo 22 de outubro ás 12:30 en Abegondo

Categoría cadete
División de Honra, 8ª xornada: CADETE A - LUGO A, o domingo 22 de outubro ás 11:00 en Abegondo

Liga Galega, grupo 1º, 8ª xornada: DUMBRÍA 2 - CADETE B 2 (Álex e Buján)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 8ª xornada: OZA XUVENIL 0 - INFANTIL A 8 (Rubén, Lombao, Quique -2-, Álex G. e Roque -3-)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 9ª xornada: INFANTIL B 3 (Trigo, Zerfu e Barral) - SANTA MARÍA DEL MAR 3

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 1º, 2ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS A 1 - ALEVÍN A 12 (Héctor -4-, Dani, David -2-, Guerreiro -3-, Oreiro e Óscar)

Segunda Alevín, grupo 1º, 2ª xornada: ALEVÍN B - TORRE A, o domingo 22 de outubro ás 10:00 en La Torre

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, 2ª xornada: BENXAMÍN A 8 (Diego -2-, Guille -2-, Pablo, Anxo, Iker e Nico) - ATLÉTICO ARTEIXO A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 2ª xornada: BENXAMÍN B 11 (Ronquete -3-, Sergio -2-, Ioan -2-, Gael, Yago Trigo, Caaveiro e Uxío) - ATLÉTICO SAN PEDRO B 0