RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA sábado 3 e calendario para o domingo 4

A Cidade Deportiva de Abegondo será escenario mañá domingo 4 de febreiro de tres bos partidos.

En Segunda División B, o Fabril recibe ao Rayo Majadahonda, coa segunda praza en xogo, agora en mans do equipo madrileño. O encontro arrincará ás 17:00 horas e será de entrada libre para os socios. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros, e 3 euros para os menores de 16 anos.

Como é habitual, Gustavo Munúa, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro. Son baixa Luismi, Bicho, Ismael e Romay; e dúbida Óscar, que hoxe sábado, con febre, non se puido adestrar co grupo. Os xuvenís Ortuño e Porrúa entraron na convocatoria.
Dúas horas máis tarde (19:00 h.), o Xuvenil A defende o liderado da División de Honra ante o Pontevedra. Para este encontro, do mesmo xeito que para o do Cadete B de Liga Galega (11:00 h.), os socios do Dépor pasan gratis. Nestes casos, para o público a entrada única é a 3 euros.

Tamén compiten en casa o Deportivo ABANCA B (mañá domingo ás 16:00 en Arteixo) e Infantil B (8-0 hoxe ao Calasanz B); e fóra de casa o Xuvenil B (1-1 en Vilagarcía ante o Arousa), Cadete A (0-1 tamén en Vilagarcía) e Infantil A (mañá domingo ás 12:00 en Ourense).

A xornada iniciouse o pasado xoves 1 de febreiro, co encontro entre o Benxamín A e o San Tirso A, da Segunda Fase da Primeira Comarcal. O partido foi do equipo branquiazul (6-0), que consolida así o seu liderado no grupo.

Onte venres 2 de febreiro houbo outros dous encontros. Así, o Alevín A arrincou con triunfo (5-1) o Trofeo Luís Calvo de fútbol once, no grupo norte. O seu primeiro rival, en Abegondo, foi o Ural A. O formato de competición será de liga a unha soa volta. No mes de maio, o campión xogará no campo das Eiroas de Carballo a final contra o campión do grupo sur.

E o Benxamín B gañou (1-5) á Santa Cruz B, en partido da 14ª xornada na Segunda Comarcal A Coruña.

O calendario, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B

24ª xornada: FABRIL - RAYO MAJADAHONDA, o domingo 4 de febreiro ás 17:00 en Abegondo

Categoría feminina

Primeira Autonómica Feminina, 19ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UMIA, o domingo 4 de febreiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil

División de Honra, 22ª xornada: XUVENIL A - PONTEVEDRA, o domingo 4 de febreiro ás 19:00 en Abegondo

Liga Nacional, 21ª xornada: AROUSA 1 - XUVENIL B 1 (Rojo)

Categoría cadete

División de Honra, 21ª xornada: ED AROUSA SD 0 - CADETE A 1 (Roque)

Liga Galega, grupo 1º, 21ª xornada: CADETE B - LUGO B, o domingo 4 de febreiro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)

Categoría infantil

Fase polo Título Galego, 4ª xornada: OURENSE - INFANTIL A, o domingo 4 de febreiro ás 12:00 no Municipal de Oira (Ourense)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 23ª xornada: INFANTIL B 8 (Barral -2-, Pablo -2-, Guerrero -2-, Trigo e Zerfu) - CALASANZ B 0

Categoría alevín

Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, 1ª xornada: ALEVÍN A 5 (Dani, Ayana, Pablo, Óscar e David) - URAL A 1

Segunda Fase, grupo 1º, 3ª xornada: ALEVÍN B - ADC OBRADOIRO, o domingo 4 de febreiro ás 12:00 na Torre

Categoría benxamín

Segunda Fase da Primeira Comarcal, 5ª xornada: BENXAMÍN A 6 (Eder -4-, Xabi e Anxo) - SAN TIRSO A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 14ª xornada: SANTA CRUZ B 1 - BENXAMÍN B 5 (Ioan, Ronquete, Nico, Mauro e Paulo)