RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado, con dous novos títulos, e calendario de mañá domingo

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA xira ao redor da actuación de 3 equipos.

Hoxe sábado 4 de maio, o Infantil A, após dominar a Fase polo Título da liga Galega, xogou en Cambados a final a 4, torneo nunha sede que disputaron os 4 mellores equipos galegos. 

O seu rival na semifinal foi o Pabellón Ourense CF, ao que derrotou (2-0).

Na gran final ante o RC Celta, o outro gran favorito, o triunfo foi para os branquiazuis (2-1), co que se converten nos reis do fútbol galego infantil.

Tamén hoxe sábado, o Benxamín A proclamouse campión da Primeira Comarcal A Coruña ao derrotar (3-0) ao Imperátor OAR A.

Así pois, a canteira do Dépor suma nove títulos esta temporada após os cultivados anteriormente polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte e Fase polo Título), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña e Segunda Fase da Segunda Comarcal) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

Mañá domingo 5 de maio en Abegondo (16:00 horas, campo 1), pode caer o décimo. O Deportivo ABANCA B xógase o título da Primeira Autonómica no seu partido ante as Viaxes InterRías FF, segundo clasificado. A falta de 2 xornadas para o final, as deportivistas avantaxan en 4 puntos aos seus rivais. O acceso a este encontro será gratuíto.

Neste caso con todo decidido, o Fabril perdeu (4-0) coa CyD Leonesa hoxe sábado no Estadio Reino de León. 

Ademais, xogaron e gañaron en Abegondo hoxe sábado 4 de maio o Xuvenil B (5-1) e Cadete A (7-1), ambos ante o UD Santa Mariña.

Finalmente, o Cadete B visita mañá domingo 5 (12:15, San Pedro de Visma) ao Orillamar SD e o Alevín Ao luns 6 (18:15, campo Rodríguez Lago) ao CD Lugo A.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
36ª xornada: CyD LEONESA 4 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 29ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VIAXES INTERRIAS FF, o domingo 5 de maio ás 16:00 en Abegondo (campo 1)

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 32ª xornada: XUVENIL B 5 (Peke, Roque, Juan, Hugo Novoa e Luque) - UD SANTA MARIÑA 1

Categoría cadete
División de Honra, 32ª xornada: CADETE A 7 (Jairo -2-, Padín, Hugo Suárez, Noel -2- e Axel) - UD SANTA MARIÑA 1

Liga Galega, grupo norte, 32ª xornada: ORILLAMAR SD - CADETE B, o domingo 5 de maio ás 12:15 en San Pedro de Visma (campo 1)

Categoría infantil
Final a 4 no campo de Burgáns (Cambados)

Sábado 4 de maio

Semifinal
INFANTIL A 2 (Carlos e Mella) - PABELLÓN OURENSE CF 0

Final
INFANTIL A 2 (Vilela e Mella) - RC CELTA 1

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 11ª xornada: CD LUGO A - ALEVÍN A, o luns 6 de maio ás 18:15 no Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)

Categoría benjamín
Primeira Comarcal A Coruña, 22ª xornada, última: BENXAMÍN A 3 (Iago Vázquez, Ioan e Uxío) - IMPERÁTOR OAR A 0

Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 12ª xornada: BENXAMÍN B 17 (Iago Lameiro -5-, Raúl -5-, Javi -2-, Lucas Vázquez, Pablo Vara, Rodrigo, Iago Varela e Jose Quiroga) - CD CIUDAD 0