RCD / NOVAS

Resultados hoxe en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá, con 5 partidos en Abegondo

14/09/2019 20:00

Dous equipos máis de #ANOSACANTEIRA, Deportivo ABANCA B e Infantil A, inician a competición oficial nunha semana con dobre derbi ante o RC Celta en categoría xuvenil.

No caso do Infantil A disputa dous encontros, o primeiro deles o pasado xoves 12 de setembro en Carballo, pertencente á 1ª xornada, e que foi aprazado a pasada fin de semana debida á participación do conxunto deportivista nun torneo en Arnedo (A Rioxa). O triunfo foi claramente deportivista (0-7), con tantos de Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo.

Este encontro abriu o calendario da fin de semana, cun total de 3 partidos hoxe sábado 14 e outros 5 mañá domingo 15 de setembro, co Fabril, Xuvenil A, Deportivo ABANCA B, Cadete B e Infantil A en Abegondo nun espléndido día de fútbol.

En Terceira División, o Fabril recibe ao Alondras CF ás 12:00. Como é habitual, os socios teñen libre acceso. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

Luisito, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro. Só causan baixa Javi Sánchez, sancionado pola súa expulsión da pasada fin de semana no Carballiño; e David Sánchez, convocado por Anquela para viaxar a Xixón co Deportivo.

Ademais destaca o dobre derbi en categoría xuvenil ante o RC Celta: na División de Honra mañá domingo en Abegondo ás 17:00 horas; e na liga Nacional hoxe sábado na Madroa (Vigo), saldado con polémico triunfo celtista (1-0), debido a un gol anulado ao deportivista Nájera, con 1-0 no marcador, por dudosísimo fóra de xogo.

Compiten tamén na Cidade Deportiva o xa citado Deportivo ABANCA B (domingo ás 17:00), Cadete B e Infantil A (domingo ás 10:30) e Infantil B (5-0 hoxe sábado ante o Imperátor OAR); e lonxe de Abegondo, ademais do Xuvenil B (1-0 en Vigo), o Cadete A (0-5 en San Pedro de Visma 1 fronte ao CD Calasanz).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
3ª xornada: FABRIL - ALONDRAS CF, o domingo 15 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 1ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD VALLADARES, o domingo 15 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 5)

Categoría xuvenil
División de Honra, 2ª xornada: XUVENIL A - RC CELTA, o domingo 15 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 1)

Liga Nacional, 2ª xornada: RC CELTA B 1 - XUVENIL B 0

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: CD CALASANZ 0 - CADETE A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín)

Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: CADETE B - CD LUGO B, o domingo 15 de setembro ás 10:30 (campo 5)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 1ª xornada: BERGANTIÑOS CF 0 - INFANTIL A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: INFANTIL A - CD LUGO, o domingo 15 de setembro ás 10:30 en Abegondo (campo 4)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 2ª xornada: INFANTIL B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - IMPERÁTOR OAR 0