RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados hoxe sábado 11 e calendario do domingo 12 en #ANOSACANTEIRA

O primeiro derbi galego da temporada, que protagonizarán mañá domingo 12 de novembro (12:00 horas) en Abegondo o Xuvenil A de Rubén Coméndez e o Celta A de División de Honra, é o partido estrela desta fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva branquiazul. Para o público, a entrada custa 3 euros. O encontro será retransmitido en directo por Gol.

En Segunda División B, o Fabril de Gustavo Munúa visita mañá domingo (12:00 horas) á Unión Adarve madrileño. O filial deportivista é segundo na táboa a 2 puntos do líder Fuenlabrada.

Munúa convocou para este encontro a estes xogadores: Álex Cobo, Alberto (xuvenil), Blas, Gaizka, Quique Fornos, Raúl González, Lucas, Diego Caballo, Carlos López, Queijeiro, Martín Bengoa, Edu Expósito, Jardel, Uxío, Borja Galán, Óscar e Luismi.

Son baixa, ademais dos lesionados, Francis e Ismael Díaz, concentrados coas seleccións de Nixeria e Panamá respectivamente.

Hoxe sábado xogaron e gañaron en Abegondo o Xuvenil B (6-1) e Cadete A (5-0), en dobre duelo contra o Victoria.

E fóra de casa fixérono o Deportivo ABANCA B (empate a 0-0 no Val), Infantil A (vitoria 0-2 en Carballo), e os dous equipos benxamíns (triunfos por 10-0 o A e 6-1 o B) na Torre.

Para mañá domingo, ademais do Xuvenil A e Fabril, compiten o Cadete B (12:15) en Carballo, o Infantil B (12:30) en Elviña, e o Alevín B (12:00) en La Torre.

Esta fin de semana toca descanso para o Alevín A.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
14ª xornada: UNIÓN ADARVE - FABRIL, o domingo 12 de novembro ás 12:00 no campo Vicente del Bosque (Madrid)

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 10ª xornada: O VAL 0 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 12ª xornada: XUVENIL A - CELTA A, o domingo 12 de novembro ás 12:00 en Abegondo

Liga Nacional, 11ª xornada: XUVENIL B 6 (Barbeito, Kilian -2-, Rojo -2- e Paulo) - VICTORIA 1

Categoría cadete
División de Honra, 11ª xornada: CADETE A 5 (Juanma, Pol, Portas, Do Carmo e Concheiro) - VICTORIA 0

Liga Galega, grupo 1º, 11ª xornada: BERGANTIÑOS B - CADETE B, o domingo 12 de novembro ás 12:00 nas Eiroas

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 11ª xornada: BERGANTIÑOS 0 - INFANTIL A 2 (Hugo Baldomar e Roque)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 13ª xornada: COMPAÑÍA DE MARÍA - INFANTIL B, o domingo 12 de novembro ás 12:30 en Elviña pequeno (A Coruña)

Categoría alevín
Segunda, grupo 1º, 5ª xornada: ORZÁN A - ALEVÍN B, o domingo 12 de novembro ás 12:00 na Torre

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, 5ª xornada: ATLÉTICO LOS CASTROS 0 - BENXAMÍN A 10 (Janusz -2-, Eder -2-, Leandro -2-, Íker, Anxo, Mosquera e Pablo)

Segunda Comarcal A Coruña, 5ª xornada: BENXAMÍN B 6 (Nico -2-, Uxío -2-, Ioan e Paulo) - CALASANZ C 1