RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado dos torneos para #ANOSACANTEIRA e calendario de mañá domingo

Nova fin de semana de torneos amigables para #ANOSACANTEIRA, con participación en Vilagarcía de Arousa, Viana do Castelo (Portugal), Vigo e Boiro; e, ademais, un partido amigable do Xuvenil B, con motivo da inauguración do campo de San Pedro de Visma na Coruña.

Tamén compite o Club en categoría prebenxamín, posto que a Deportivo forma parte mañá domingo 17 de xuño do cartel da 12ª edición do Torneo Talleres Castiñeira, que se xoga no campo do Vao (Coruxo, Vigo), organizado polo Coruxo FC.

Para iso, o Dépor estará presente cunha selección formada por novos futbolistas que poderían formar o Benxamín B da próxima temporada.

O Alevín A xa está en cuartos de final da Arousa Fútbol 7

O Alevín A do Dépor clasificouse para os cuartos de final da 23ª edición da Arousa Fútbol 7 no campo da Lomba (Vilagarcía de Arousa).

O cadro deportivista exhibirá a súa condición de campión galego mañá domingo (10:40) ante o Real Madrid.

O calendario do Alevín A, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Venres 15 de xuño
PABELLÓN OURENSE 0 - ALEVÍN A 3 (Lucas, Héctor e Dani)
ALEVÍN A 1 (Lucas) - MANCHESTER CITY 1

Sábado 16 de xuño
ALEVÍN A 0 - VALENCIA 0
ALEVÍN A 2 (Lucas e Ayana) - KASHIWA REYSOL 1

Domingo 17 de xuño
Cuartos de final
10:40: ALEVÍN A - REAL MADRID

Triunfo do Xuvenil B na inauguración do campo de San Pedro de Visma

O Xuvenil B enfrontouse a unha selección da AFAC hoxe sábado 16 de xuño, con motivo da inauguración do campo de San Pedro de Visma na Coruña.

O triunfo foi deportivista (4-2), grazas aos goles Rojo -3- e Aye.

Infantil B, Alevín B e Benxamín A avanzan a semifinais da Vianense Cup en Viana do Castelo (Portugal)

Tres equipos (Infantil B, Alevín B e Benxamín A) representan ao RC Deportivo na 26ª edición da Vianense Cup, competición organizada polo Sport Clube Vianense no Estadio Dr. José de Matos (Viana do Castelo, Portugal).

O tres equipos clasificáronse brillantemente para as semifinais, que se xogan mañá domingo pola mañá.

En categoría infantil, os resultados do Infantil B foron os seguintes:

Sábado 16 de xuño
Primeira Fase
ACADÉMICA DE COIMBRA 0 - INFANTIL B 3 (Domínguez, Noah e Manu)
SC VIANENSE 0 - INFANTIL B 10 (Domínguez -3-, Gabri, Carlos -2-, Yago, Mella -2- e Dani)
INFANTIL B 9 (Mella -2-, Yago -2-, Martín, Gabri, Martiño -2- e Manu) - CD MOAÑA 0

Domingo 17 de xuño
Semifinais
11:20: INFANTIL B - BOAVISTA FC

En categoría alevín, o Alevín B colleitou estes marcadores:

Sábado 16 de xuño
Primeira Fase
ALEVÍN B 11 (Dani -3-, Xenxo -2-, Eli -2-, Raúl -2-, Bruno e Jairo) - CD AVES 0
ALEVÍN B 2 (Eli -2-) - SC VIANENSE 0
CF OS BELENENSES 1 - ALEVÍN B 3 (Raúl -2- e Dani)

Domingo 17 de xuño
Semifinais
11:20: ALEVÍN B - CD NACIONAL

Finalmente, o Benxamín A ten este calendario, cos resultados dos partidos xa xogados:

Sábado 16 de xuño
Primeira Fase
BENXAMÍN A 10 (Ruiz, Anxo -4-, Xavi -2-, Pablo, Janusz e Balbas) - SC VIANENSE 0
CD NACIONAL 0 - BENXAMÍN A 7 (Janusz, Anxo -3-, Xavi, Balbas e Ruiz)
BENXAMÍN A 0 - FC PORTO 2

Domingo 17 de xuño
Semifinais
12:00: BENXAMÍN A - LILLE OLYMPIQUE SC

O Club, presente no Torneo Talleres Castiñeira de categoría prebenxamín

O RC Deportivo estará presente mañá domingo 17 de xuño na 12ª edición do Torneo Talleres Castiñeira de categoría prebenxamín, que se xoga no campo do Vao (Coruxo, Vigo), organizado polo Coruxo FC.

Para iso, o Dépor competirá cunha selección formada por estes xogadores: Martín Fernández (Jesuitinas); Lucas López, Iago Varela e Javier Seoane (Ural); Nicolás Naveira e Pablo Vara (Victoria); Raúl Lema (Luis Calvo); Hugo González (Galicia Caranza); Rodrigo Santamaría (Villestro); Hugo Chamadoira (Portero 2000); Yago Lameiro (Santa Cruz); e Antón Caamaño (San Tirso). Estes novos futbolistas poderían formar o Benxamín B da próxima temporada.

O equipo branquiazul quedou encadrado no grupo C, coa SD Ponteareas, Arenas de Alcabre SD, Salgueiriños CF e San Miguel CF.

O calendario de partidos do Deportivo é o seguinte:

Primeira Fase
12:00: SD PONTEAREAS - DEPORTIVO (campo 1)
14:00: DEPORTIVO - SALGUEIRIÑOS CF (campo 2)
16:30: DEPORTIVO - SAN MIGUEL CF (campo 1)
18:30: ARENAS DE ALCABRE SD - DEPORTIVO (campo 1)

Os dous primeiros de cada grupo acceden a cuartos de final, que se xogarán a partir das 19:30 horas.

O Benxamín B cae en oitavos de final do Torneo do Abanqueiro SD en Boiro

O Benxamín B tivo hoxe sábado 16 de xuño un esixente test no campo de Vista Alegre (Boiro), con motivo da 12ª edición do Torneo do Abanqueiro SD, Trofeo Concello de Boiro.

O conxunto deportivista caeu en oitavos de final, apeado por un Bertamiráns A superior fisicamente, dado que estaba formado por xogadores superiores en idade aos branquiazuis.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN B 2 (Ioan e Nico) - AROSA SC 1
BENXAMÍN B 6 (Nico -2-, Trigo, Gael, Sergio e Uxío) - ATLÉTICO OLEIROS 0
BENXAMÍN B 2 (Nico e Trigo) - CD CONXO 0

Oitavos de final
BENXAMÍN B 0 - BERTAMIRÁNS A 1