RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados hoxe sábado e calendario para mañá domingo en #ANOSACANTEIRA

Unicamente 3 equipos de #ANOSACANTEIRA xogan esta fin de semana en Abegondo. Hoxe sábado 23 fixérono o Xuvenil A (5-1) fronte ao Racing de Ferrol; e o Alevín A (5-1) ante o Oza Juvenil SD A.

Para mañá domingo queda o choque do Cadete B, que pelexa pola 3ª praza do grupo norte da Liga Galega. Os branquiazuis miden as súas forzas (11:30) co líder do grupo, o Bertamiráns FC. Para este partido, os socios teñen libre entrada á Cidade Deportiva. O público paga 3 euros.

Os demais equipos das categorías inferiores branquiazuis compiten fóra de Abegondo.

En Segunda División B, a Fabril visita ao Rápido de Bouzas (domingo 24 ás 17:00), un rival directo, co obxectivo de engancharse á loita pola permanencia.

Luisito, técnico fabrilista, citou aos seguintes xogadores: Álex Cobo, Raúl González, Lucas, Quique Fornos, One, Abeledo, Valín, Carlos López, Gandoy, Bicho, Javi Cobo, Segado, Salles-Lamonge, Víctor, May, Montiel, Uxío e Pedro López.

Hoxe sábado xogaron o Xuvenil B (1-0 na Grela ante o CD Calasanz) e Cadete A (2-1 en Elviña fronte ao CD Calasanz), ademais dos dous equipos alevíns e os dous benjamines.

Deportivo ABANCA B (16:00 en San Pedro de Visma 1 ante o CF Deportivo Orzán) e Infantil B (10:15 na Leyma ante o Ural CF B) disputan os seus choques ligueiros mañá domingo na Coruña. Neste último encontro enfróntanse o líder, Deportivo B (79 puntos) fronte ao segundo clasificado (77 puntos) nun encontro que pode decidir o campionato no grupo 1º da Primeira Autonómica.

O encontro en Abegondo da Fase polo Título da Liga Galega infantil entre o Deportivo e o Atlético Coruña Montañeros CF xogarase o luns 25 a partir das 19:00 horas, con entrada gratuíta para os afeccionados. Os branquiazuis lideran esta fase final practicamente desde a xornada 1.

Finalmente o pasado xoves, o Xuvenil B disputou un amigable de pompa, no campo principal de Abegondo ante o FC Porto. O triunfo foi deportivista (5-1), con tantos de Mario, Juanma, Roque, Do Carmo e Víctor Guerra.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
30ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - FABRIL, o domingo 24 de marzo ás 17:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 25ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 24 de marzo ás 16:00 en San Pedro de Visma (campo 1)

Categoría xuvenil
División de Honra, 28ª xornada: XUVENIL A 5 (Israel, César e Álex -3-) - RACING DE FERROL 1

Amigable: XUVENIL B 5 (Mario, Juanma, Roque, Do Carmo e Víctor Guerra) - FC PORTO 1
Liga Nacional, 27ª xornada: CD CALASANZ 1 - XUVENIL B 0

Categoría cadete
División de Honra, 27ª xornada: CD CALASANZ 2 - CADETE A 1 (Mario)

Liga Galega, grupo norte, 27ª xornada: CADETE B - BERTAMIRÁNS FC, o domingo 24 de marzo ás 11:30 en Abegondo (campo 7)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 10ª xornada: INFANTIL A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o luns 25 de marzo ás 19:00 en Abegondo

Primeira Autonómica, grupo 1º, 30ª xornada: URAL CF B - INFANTIL B, o domingo 24 de marzo ás 10:15 no campo da Leyma (A Coruña)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 6ª xornada: ALEVÍN A 5 (Bruno, Rubén, Jorge, Daniel e Álex) - OZA JUVENIL SD A 1

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 5ª xornada: ALEVÍN B 8 (David -2-, Rubén -2-, Balbas, Janusz, Diego e Raúl) - SANTA MARÍA DEL MAR B 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 17ª xornada: BENXAMÍN A 9 (Íker -4-, Gael -2-, Yago Trigo, Paulo e Uxío) - ORILLAMAR SD A 0

Segunda Fase grupo 1º A Coruña, 6ª xornada: ED LUIS CALVO SANZ C 1 - BENXAMÍN B 3 (Pablo -2- e Hugo)