RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

O temporal de frío, vento e choiva que azouta Galicia estes días obrigou a suspender os 3 partidos de #ANOSACANTEIRA previstos para onte venres en Abegondo. Deles, o Xuvenil B de Liga Nacional ante o ED Val Miñor B trasládase a mañá domingo 3 ás 12:00; e o Infantil A fronte ao Arosa SC xogouse hoxe sábado, saldado con triunfo claro branquiazul (9-0).

O choque do Cadete A fronte ao Ourense CF foi aprazado sen data, á espera da decisión da Federación Galega de Fútbol.

A xornada arrancou o pasado xoves 31 de xaneiro. O Infantil B, líder destacado da Primeira Autonómica, superou ao Atlético San Pedro (3-1) con até 9 alevíns na súa convocatoria e 6 no once inicial.

Os demais encontros previstos serán todos lonxe de Abegondo. O Fabril visita mañá domingo 3 de febreiro (17:00 horas) El Toralín de Ponferrada, un dos campos máis complicados do grupo 1º da Segunda División B.

Sergio Pellicer citou aos seguintes xogadores: Álex Cobo, Pedro López, Leto, Valín, Quique Fornos, One, Raúl González, Carlos López, Gandoy, Arturo Segado, Víctor, Adrián, Abeledo, May, Juanmi Carrión, Bicho, Uxío e Montiel.

Hoxe sábado 2 de febreiro o Cadete B xogou en Viveiro (2-2); e mañá domingo 3, o Deportivo ABANCA B farao na Coruña fronte ao Orzán SD (16:00); e o Xuvenil A en Xixón fronte ao Sporting (16:15).

Finalmente, o Alevín B iniciou esta fin de semana a Segunda Fase da Segunda Comarcal. Só resta por empezar esta nova etapa da temporada o Benxamín B.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
23ª xornada: SD PONFERRADINA - FABRIL, o domingo 3 de febreiro ás 17:00 en El Toralín

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 19ª xornada: ORZÁN SD - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 3 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 1)

Categoría xuvenil
División de Honra, 22ª xornada: SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, o domingo 3 de febreiro ás 16:15 en Mareo

Liga Nacional, 21ª xornada: XUVENIL B - ED VAL MIÑOR B, o domingo 3 de febreiro ás 12:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría cadete
División de Honra, 21ª xornada: CADETE A - OURENSE CF, aprazado

Liga Galega, grupo norte, 21ª xornada: VIVEIRO CF A 2 - CADETE B 2 (Hugo Suárez e Nils)

Categoría infantil
Fase polo Título da Liga Galega, 4ª xornada: INFANTIL A 9 (Mella, Domínguez -2-, Carlos -2-, Mardones -2-, Marcote e Martín) - AROSA SC 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 23ª xornada: INFANTIL B 3 (Martín -2- e Álvaro) - ATLÉTICO SAN PEDRO 1

Categoría alevín
Oitavos de final da Liga Comarcal, volta: ALEVÍN A 9 (Cristian -3-, Rubén -3- e Daniel -3-) - IMPERÁTOR OAR A 0. Na ida: 8-0

Segunda Fase da Segunda Comarcal A Coruña, 1ª xornada: ALEVÍN B 10 (Diego -2-, Anxo -2-, Rubén -2-, Guillermo, Balbas, Nizo e Janusz) - OZA JUVENIL SD B 10

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 11ª xornada: IMPERÁTOR OAR A 0 - BENXAMÍN A 10 (Paulo -2-, Trigo -2-, Gael -2-, Ioan, Pablo, Mauro e Íker)