RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

Tres partidos de #ANOSACANTEIRA xóganse esta fin de semana, todos eles en Abegondo.

O Infantil A goleou (7-0) hoxe sábado ao Pabellón Ourense CF na Fase polo Título da Liga Galega. Os deportivistas, lanzados a polo título, exhibiron unha gran pegada, con 7 goleadores diferentes.

Mañá domingo 14, o Deportivo ABANCA B encara o derbi coruñés de Primeira Autonómica ante o Victoria CF B (12:00, campo de herba sintética), con entrada libre para o público.

E pola tarde (17:00 horas), o Fabril recibe a un Atlético de Madrid B instalado na zona alta do grupo 1º da Segunda División B.

Para este choque de filiais, os socios teñen libre acceso a Abegondo. O público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 16 anos.

Luisito, como é habitual nos partidos en casa, citou a todo o seu cadro. Carlos López é o único futbolista de baixa médica.

Teñen parón ligueiro Xuvenil B e Cadete B, ademais do Xuvenil A, que finalizou xa a liga na División de Honra.

Por outra banda, catro equipos adiantaron ao fin de semana os seus partidos debido á festividade da Semana Santa. Dous deles xogaron onte venres 12 de abril na Cidade Deportiva.

O Cadete A, aproveitando o parón da Semana Santa na División de Honra, venceu ao Ourense CF (8-0), en partido correspondente á 21ª xornada que foi aprazado o pasado 2 de febreiro debido ao temporal de vento e choiva que azoutou eses días a comarca da Coruña.

E o Infantil B impúxose á Compañía de María (9-3), en encontro da 33ª xornada de liga na Primeira Autonómica, grupo 1º.

O pasado mércores 10 de abril xogaron e gañaron o Alevín B e Benxamín B ao Atlético Coruña Montañeros CF C e Atlético Coruña Montañeros CF B (7-0 e 0-11) respectivamente.

Finalmente, o partido do Alevín A correspondente a esta xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 nas Eiroas (Carballo) ante o EF Luis Calvo Sanz A celebrarase finalmente o luns 22 de abril ás 17:00 horas.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
33ª xornada: FABRIL - ATLÉTICO DE MADRID B, o domingo 14 de abril ás 17:00 en Abegondo

Categoría feminina
26ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA CF B, o domingo 14 de abril ás 12:00 en Abegondo

Categoría cadete
División de Honra, 21ª xornada: CADETE A 8 (Nils, Noel -2-, Padín -2-, Dani Barcia e Hugo Suárez -2-) - OURENSE CF 0

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 13ª xornada: INFANTIL A 7 (Carreira, Sierra, Martín, Gabriel, Noah, Domínguez e Mella) - PABELLÓN OURENSE CF 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 33ª xornada: INFANTIL B 9 (Óscar -3-, Murilo -2-, Marco Baña -3- e Mardones) - COMPAÑÍA DE MARÍA 3

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 9ª xornada: EF LUÍS CALVO SANZ A - ALEVÍN A, o luns 22 de abril ás 17:00 nas Eiroas (Carballo)

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 8ª xornada: ALEVÍN B 7 (Leandro -3-, Rubén, Eder, Balbas e Raúl) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF C 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 20ª xornada: BENXAMÍN A 8 (Pablo Ronquete -2-, Trigo -2-, Gael -2-, Uxío e Íker) - ATLÉTICO LOS CASTROS 0

Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 9ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B 0 - BENXAMÍN B 11 (Rodrigo -4-, Iago Varela -3-, José Quiroga, Iago Lameiro, Hugo e Javi)