RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

Nova semana de competición esta fin de semana para #ANOSACANTEIRA, con todos os partidos repartidos esta vez entre hoxe sábado e mañá domingo.

O Fabril xoga o seu último encontro da temporada en Vigo ante o Rápido de Bouzas, con resultado intranscendente de cara á clasificación. Será mañá domingo 9 de maio ás 18:00 no campo Baltasar Pujales.

Juan Carlos Valerón citou aos seguintes xogadores: Brais, Lemos, Isra, Prendes, David Suárez, Reinoso, Juan Rodríguez, Kanouté, Guedes, Barba, Pescador, Javi Sánchez, Álex, Juan Cambón, Sarmiento e Boedo.

Son baixas forzosas Adri Castro, Alberto, Iván Guerrero, ademais dos xuvenís Yeremay e Jairo. Todos eles foron citados por Rubén de la Barrera para o partido do primeiro equipo ante o CD Numancia.

Pola súa banda, Yuste, Javi Sanmartín e Pablo Brea están lesionados.

Tamén volveu á competición o Deportivo ABANCA B, que caeu co Oviedo Moderno CF B (3-0) hoxe sábado 8 de maio.

Ten parón ligueiro o Xuvenil A (División de Honra) e ademais esta fin de semana tamén tocou descanso na súa xornada para o Cadete B no subgrupo A norte da Liga Galega e o Infantil B na Primeira Autonómica A Coruña, grupo A.

Cadete A e Infantil A compiten na Coruña no campo Víctor Fernández Alonso (antigo campo da Leyma) ante Victoria CF (mañá domingo ás 12:30) e Ural Español CF (1-1 hoxe sábado) respectivamente.

Finalmente, o partido do Xuvenil B en Vigo ante o Coruxo FC, previsto para hoxe sábado 8 de maio e correspondente á 4ª xornada da Liga Nacional, grupo C de ascenso, foi aprazado debido a un caso de COVID-19 no vestiario deportivista.

Agora, será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data "o máis próxima posible no tempo, que se determinará axiña que como se acrediten as circunstancias que permitan a disputa do mesmo".

Por este mesmo motivo foi tamén aprazado o encontro da 3ª xornada en Abegondo entre o Xuvenil B e o CD Areosa do pasado 1 de maio.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Grupo play off de ascenso, 6ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - FABRIL, o domingo 9 de maio ás 18:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)

Categoría feminina
Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C, 4ª xornada: OVIEDO MODERNO CF B 3 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Categoría xuvenil
Liga Nacional, segunda fase, grupo C de ascenso, 4ª xornada: CORUXO FC - XUVENIL B, aprazado

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo D, 8ª xornada: VICTORIA CF - CADETE A, o domingo 9 de maio ás 12:30 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma)

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 8ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - INFANTIL A 1 (Dani García)

Categoría alevín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A, 5ª xornada: OZA JUVENIL SD B - ALEVÍN, o domingo 9 de maio ás 18:30 na Torre (campo 3)

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 3ª xornada: URAL ESPAÑOL CF A 0 - ALEVÍN A 0

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B, 3ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 4 (Iago Lameiro, Javi, Guille e Gabi) - ORILLAMAR SD A 0

Categoría benxamín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 5ª xornada: BENXAMÍN A 3 (Yael -2- e Hugo) - URAL ESPAÑOL CF A 2

Primeira Autonómica de fútbol oito, grupo C, 5ª xornada: VICTORIA CF B 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 12 (Álvaro -3-, Martín -3-, Iván -2-, Javi, Jorge, Dani e David Ramos)