RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo, con 4 partidos en Abegondo

O Infantil A, líder do grupo norte da liga Galega, iniciou onte venres 30 de novembro o calendario de partidos oficiais desta fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

O conxunto deportivista, dirixido polo tándem Juan Villamisar - David Lagar, impúxose (15-0) ao SCD Milagrosa no campo 4 da Cidade Deportiva.

Ao longo da fin de semana hai outros 5 partidos en Abegondo, entre os que destaca o Fabril, hoxe sábado 1 de decembro.

O filial branquiazul recibiu ao Real Madrid Castilla nun duelo con certa urxencia clasificatoria para os branquiazuis; após a freada sufrida a pasada fin de semana ante o Atlético de Madrid B.

O partido foi dos que fan afección e culminou nunha espectacular remontada fabrilista con 3 goles en 15 minutos, pasando do 1-3 no minuto 56 ao 4-3 definitivo.

Competiron hoxe fóra da Cidade Deportiva, ademais dos alevíns e benxamíns, o Xuvenil B e Cadete A, estes en dobre choque ante o CD Areosa (2-1 e 1-1 respectivamente) na Xunqueira (Comesaña - Vigo).

Mañá domingo en Abegondo hai previstos 4 partidos: Deportivo ABANCA B (11:30 fronte ao CP Alertanavia), Xuvenil A (12:00 ante o Real Racing Club), Cadete B (11:00 fronte ao Galicia de Caranza) e Infantil B (16:30 ante o Bergantiños B). 

Para os partidos do Xuvenil A e Cadete B os socios entran gratis; mentres que o público paga 3 euros. Nos outros dous, Deportivo ABANCA B e Infantil B, a entrada é libre.

O calendario, cos resultados dos encontros xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
14ª xornada: FABRIL 4 (Víctor -2-, May e Uxío) - REAL MADRID CASTILLA 3

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 13ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CP ALERTANAVIA, o domingo 2 de decembro ás 11:30 en Abegondo (campo de herba sintética)

Categoría xuvenil
División de Honra, 14ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, o domingo 2 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo 1)

Liga Nacional, 13ª xornada: CD AREOSA 2 - XUVENIL B 1 (Luque)

Categoría cadete
División de Honra, 13ª xornada: CD AREOSA 1 - CADETE A 1 (Axel)

Liga Galega, grupo norte, 13ª xornada: CADETE B - GALICIA DE CARANZA, o domingo 2 de decembro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 13ª xornada: INFANTIL A 15 (Marco Baña, Álvaro -2-, Martín, Domínguez -6-, Miguel, Noah e Mella -3-) - SCD MILAGROSA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 15ª xornada: INFANTIL B - BERGANTIÑOS CF B, o domingo 2 de decembro ás 16:30 en Abegondo (campo 7)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 8ª xornada: ORILLAMAR SD A 0 - ALEVÍN A 6 (Rubén -2-, Jorge -2- e Murilo -2-)

Segunda Comarcal A Coruña, 6ª xornada: ALEVÍN B 6 (Guille, Balbas, Rubén, Leandro, Anxo e Yago) - CF DEPORTIVO ORZÁN B 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 6ª xornada: ORILLAMAR SD A 0 - BENXAMÍN A 6 (Trigo -3-, Gael, Uxío e Joaquín)

Segunda Comarcal A Coruña, 6ª xornada: IMPERATOR OAR C 0 - BENXAMÍN B 12 (Raúl -5-, Lucas Vázquez, Hugo, Nico, José e Rodrigo -3-)