RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados sábado e calendario domingo en #ANOSACANTEIRA, co Fabril en Abegondo como choque destacado

O partido destacado da xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA é o choque do Fabril ante un rival directo, o Rápido de Bouzas, previsto para mañá domingo 4 de novembro ás 17:00 horas en Abegondo.

O filial, despois de 4 derrotas consecutivas, necesita os 3 puntos para cambiar a dinámica do equipo.

Como é habitual, os socios do Dépor teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros, 3 para os menores de 14 anos.

Sergio Pellicer, técnico fabrilista, citou aos seguintes xogadores: Pedro López, Álex Cobo, Blas, Mujaid, One, Raúl González, Quique Fornos, Lucas, Gandoy, Javi Cobo, Carlos López, Sáelles-Lamonge, Montiel, Diego Villares, Gaizka, Uxío, Adrián, May, Pedro, Luismi, Juanje e Víctor.

Queda tamén para mañá domingo (16:00 horas) a visita do Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina, ao Victoria CF B de Santiago, terceiro clasificado a 4 puntos de diferenza.

En Abegondo xoga o Cadete B (11:00 horas ante o Ural CF B). Para este partido, os socios teñen entrada gratuíta a Abegondo. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Hoxe sábado 3 de novembro tiveron cita ligueira 6 equipos de #ANOSACANTEIRA.

Deles, 2 xogaron na Cidade Deportiva: Infantil A (5-0) e Infantil B (2-1). 

Competiron como visitantes os restantes 4 equipos: o Xuvenil A en Xixón (0-3 fronte aos Roces); o Xuvenil B en Vigo (1-3 ante o CVC Valladares); o Cadete A en Nigrán (3-3 fronte ao ED Val Miñor Nigrán); e o Alevín A en Santa María del Mar (2-4).

Esta semana toca descanso para Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
11ª xornada: FABRIL - RÁPIDO DE BOUZAS, o domingo 4 de novembro ás 17:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 9ª xornada: VICTORIA FC B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 4 de novembro ás 16:00 no Municipal do Sergas (Santiago)

Categoría xuvenil
División de Honra, 10ª xornada: ROCES 0 - XUVENIL A 3 (Kilian -2- e Litos)

Liga Nacional, 9ª xornada: CVC VALLADARES 1 - XUVENIL B 3 (Luque, Pol e Novoa)

Categoría cadete
División de Honra, 9ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 3 - CADETE A 3 (Noel, Padín e Jairo)

Liga Galega, grupo norte, 9ª xornada: CADETE B - URAL CF B, o domingo 4 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo 5)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 9ª xornada: INFANTIL A 5 (Domínguez, Gabri, Noah, Mella e Martín) - URAL CF 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 11ª xornada: INFANTIL B 2 (Miguel -2-) - ORILLAMAR SD 1

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 4ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR A 2 - ALEVÍN A 4 (Jairo, Cristian, Eli e Rubén)