RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Retornan as competicións de liga a #ANOSACANTEIRA, desde mañá xoves, tralo parón de Semana Santa

Finalizada a Semana Santa, os equipos de #ANOSACANTEIRA retornan á competición ligueira, salvo o Xuvenil A, coa súa competición xa finalizada na División de Honra.

A xornada arranca mañá xoves (19:00 horas), coa visita do Atlético Arteixo A ao Alevín A, con motivo da 10ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. A entrada será gratuíta para os afeccionados.

O venres 26, a quenda será para o Cadete B, que retoma a Liga Galega en Caranza (19:00 horas).

Todos os demais partidos serán a fin de semana. De todos eles, só 3 serán en Abegondo o sábado 27:

O Fabril recibe ao Unionistas de Salamanca CF (17:00 horas). O filial, con todo decidido a nivel clasificatorio, quere despedirse da temporada dando alegrías aos afeccionados. Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

E pola mañá (11:00), Xuvenil B e Cadete A mídense aos respectivos equipos do CD Areosa. Nestes dous partidos, os socios deportivistas teñen entrada gratuíta; e para o público, a entrada custa 3 euros.

Pola súa banda, xogan fóra de Abegondo o sábado 27 o Infantil A (ás 12:00 en Vigo ante o UD Santa Mariña) e Infantil B (ás 16:00 en Elviña ante o Sporting Coruñés); e o domingo 28 o Deportivo ABANCA B (ás 17:00 en Oseiro ante o SCD Pastoriza).

Finalmente, o partido correspondente á 21ª xornada da Primeira Comarcal entre o CD Calasanz A e o Benxamín A trasládase ao martes 30 ás 18:30 no campo 1 de San Pedro de Visma.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
35ª xornada: FABRIL - UNIONISTAS DE SALAMANCA CF, o sábado 27 de abril ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 15. CF Salmantino, 40 puntos; 16. Burgos CF, 39 puntos; 17. Rápido de Bouzas, 35 puntos; 18. AD Unión Adarve, 33 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 25 puntos; 20. Fabril, 20 puntos

Categoría feminina
27ª xornada: SCD PASTORIZA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 28 de abril ás 17:00 en Oseiro (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 74 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 70 puntos...

Categoría xuvenil
30ª xornada: XUVENIL B - CD AREOSA, o sábado 27 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 64 puntos; 3. Xuvenil B, 55 puntos; 4. CD Conxo Santiago e Victoria CF, 53 puntos; 6. CD Areosa, Porriño Industrial CF e Pabellón Ourense CF, 47 puntos...

Categoría cadete
30ª xornada: CADETE A - CD AREOSA, o sábado 27 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 81 puntos; 2. Cadete A, 74 puntos; 3. Ural CF, 60 puntos...

30ª xornada: GALICIA CARANZA - CADETE B, o venres 26 de abril ás 19:00 no Municipal de Caranza
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 70 puntos; 3. Cadete B, 59 puntos; 4. Racing Villalbés, 54 puntos...

Categoría infantil
14ª xornada: UD SANTA MARIÑA - INFANTIL A, o sábado 27 de abril ás 12:00 en Cotogrande-2 (Vigo)
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A, 39 puntos; 2. RC Celta, 34 puntos; 3. Bertamiráns FC, 30 puntos...

34ª xornada: SPORTING CORUÑÉS SD - INFANTIL B, o sábado 27 de abril ás 16:00 en Elviña (campo pequeno)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (xa campión), 89 puntos; 2. Ural CF B, 79 puntos...

Categoría alevín
10ª xornada: ALEVÍN A - ATLÉTICO ARTEIXO A, o xoves 25 de abril ás 19:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. Victoria CF A, 27 puntos; 2. Alevín A e CD Calasanz A, 22 puntos; 4. Ural CF A, 21 puntos; 5. EF Luis Calvo Sanz A, 15 puntos...

9ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN B - ALEVÍN B, o sábado 27 de abril ás 10:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Alevín B, 24 puntos; 2. Ural CF C, 21 puntos; 3. CD Calasanz C e Atlético Coruña Montañeros CF C, 15 puntos...

Categoría benjamín
21ª xornada: CD CALASANZ A - BENXAMÍN A, o martes 30 de abril ás 18:30 en San Pedro de Visma (campo 1)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 54 puntos; 2. CD Calasanz A, 52 puntos; 3. Victoria CF A, 48 puntos...

10ª xornada: BENXAMÍN B - IMPERÁTOR OAR B, o sábado 27 de abril ás 13:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, 27 puntos; 2. CD Calasanz B, 21 puntos...