RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Reunión coas familias de xogadores do Dépor Genuine en vésperas dunha nova xornada

Os responsables do Real Club Deportivo de LaLiga Genuine, equipo da Fundación Real Club Deportivo, mantiveron unha nova reunión cos familiares dos xogadores da sección co obxectivo de manter un diálogo constante e fluído para reforzar o papel das familias e a súa contorna en vésperas dunha nova xornada de competición, a segunda desta temporada.

Neste novo encontro realizouse un balance de todo o sucedido até a data e informouse das accións máis próximas como son a incorporación do Deportivo á liga Social Cidade da Coruña que arrinca este sábado, a segunda fase de LaLiga Genuine que se celebrará en Sevilla, o inicio da competición coa Federación Galega de Deporte Adaptado así como todos os torneos, partidos amigables e xornadas formativas que terán lugar ao longo do ano e nos que participará o Dépor.