RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Reunión cos pais dos xogadores do Dépor de LaLiga Genuine

Os responsables do Real Club Deportivo para LaLiga Genuine (pertencente á Fundación Real Club Deportivo) mantiveron unha nova reunión cos familiares dos xogadores do equipo co obxectivo de manter un dialogo constante e fluído para reforzar o papel das familias e a súa contorna en vésperas dunha nova xornada de competición.

Nesta terceira sesión realizouse un balance da temporada, informouse as accións máis próximas como é a incorporación do Deportivo na Federación Galega de Deporte Adaptado e presentouse a planificación da próxima temporada referente ao plan de traballo, torneos, crecemento do proxecto, novos convenios e accións formativas.

LaLiga Genuine regresa esta fin de semana coa terceira cita do calendario, após as disputadas en outubro en Vila-real e xaneiro en Tarragona. A quenda agora é para Mallorca do 13 ao 15 de abril, antes de pór o punto final en Vigo do 25 ao 27 de maio.

Os rivais do Dépor na Ciudad Deportiva Antonio Asensio de Mallorca serán Córdoba CF, SD Huesca e CF Reus.