RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

'Riazor 75: Recordos dun océano de soños' supera o milleiro de visitantes na súa primeira semana

O Kiosco Alfonso alberga, desde o pasado xoves 18 de xuño até o 2 de agosto, a exposición 'Riazor 75: Recordos dun oceáno de soños', que durante a primeira semana semana de portas abertas recibiu a máis dun milleiro de visitantes.

Grazas a 'Riazor 75: Recordos dun oceáno de soños', os afeccionados poden rememorar a historia do Estadio branquiazul, que hai uns meses cumpriu 75 anos de existencia.

A Fundación RC Deportivo organiza, xunto ao Concello da Coruña, unha mostra cuxo eixo principal son 75 partidos protagonizados polo conxunto branquiazul sobre o céspede do recinto municipal. A exposición tamén ten espazo para outro tipo de competicións que tiveron lugar en Riazor ao longo destes 75 anos, como partidos de seleccións españolas e galegas, torneos de verán ou a Copa do Mundo de 1982.

Preto de 90 obxectos, entre os que se atopan camisetas, trofeos, entradas ou bandeirolas, e máis de 70 fotografías, ademais de 11 ilustracións de gran formato, acompañan aos visitantes no seu percorrido pola historia do Estadio de Riazor.

Igualmente, diversas pantallas mostran imaxes de competicións e eventos que tiveron lugar no recinto, así como planos xenerais e aéreos e mesmo de diferentes obras. Unha destas pantallas, ademais, mostra unha inédita animación 3D na que se pode observar con todo luxo de detalles a evolución de Riazor desde o comezo das obras en 1939 até o seu estado actual.

Os horarios de apertura da mostra son de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas, de luns a domingo.