RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Riazor acolleu a presentación de ''110% Branquiazul'', o último libro sobre a historia do Dépor

  "110% Branquiazul", libro sobre a historia do RC Deportivo, que o próximo 8 de decembro celebra o seu 110 aniversario, viu a luz hoxe nun acto celebrado na nova zona mixta do Estadio de Riazor.

Presidiron o acto o presidente deportivista Tino Fernández, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, Santiago Novoa, director de banca institucional de Abanca, Carmen Merelas, directora do diario A Opinión, e o exconsejero Pachy Dopico, que tiveron a ocasión de dirixirse aos asistentes, cos que rememoraron as súas vivencias branquiazuis, e aos que animaron a facerse cunha extensa e minuciosa publicación, revisada e autorizada polo RC Deportivo.
 
Ao acto tamén acudiron diversos personaxes históricos do Club, como Augusto César Lendoiro, Arsenio Igrexas, Beci, Javier Manjarín, Carlos Ballesta, Manolete, Vicente Celeiro ou Manuel Pablo, ademais dun dos xogadores coruñeses do actual persoal, Pedro Mosquera.
 
A presentación coincidiu coa entrega ao RC Deportivo, por parte de Dopico, do arquivo fotográfico do Club que ha ido recompilando ao longo de 13 anos, que foi vital para completar a obra, coordinada polo xornalista Carlos Miranda, e que pasará a formar parte do futuro arquivo e museo do Club.
 
"110% Branquiazul" completarase ao longo de toda a tempada ata conformar unha obra cun total de 400 páxinas.