RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Róber xogará a Temporada 2017-2018 cedido no Levante UD

Roberto Suárez Pier, 'Róber' (A Coruña, 16 de febreiro de 1995), ampliou o seu compromiso co RC Deportivo ata xuño de 2020 e a vindeira campaña a cumprirá cedido sen opción de compra no Levante UD, club no que xa militou nas mesmas condicións o pasado exercicio.

Róber disputou 6 encontros (2 en Primeira División e 4 en Copa do Rei) co Dépor na Temporada 2015-2016. O pasado curso foi cedido ao Levante, onde xogou 26 partidos (1 gol) e logrou o ascenso a Primeira División.

O RC Deportivo quere agradecer o seu traballo e esforzo ao defensa coruñés e desexarlle a maior das sortes nesta nova cesión, para que continúe sendo parte importante do Club no futuro.