RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Rochela e Manuel Pablo descansarán ata o luns

David Rochela, cunhas bochas, e Manuel Pablo, con molestias nos isquiotibiais, exercitáronse esta tarde á marxe do grupo. Os Servizos Médicos do Club teñen previsto reincorporalos aos adestramentos co grupo o próximo luns 15 de xullo.

Esta tarde, os técnicos seguiron co seu traballo de resistencia e finalizaron con fútbol. Mañá sábado, o equipo está citado de novo ás 9.30 no Mundo do Fútbol.