RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Rolda de prensa de Arriaza en Riazor

var ivPlayer1216461 = new IVPlayer("350", "263",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1216461.playVideo('player1216461', 'rp_arriaza_riazor_24_01_2010_ts.mpg'

 
O galeno branquiazul comentou que o futbolista recibirá o alta hospitalaria nos próximos días. A partir de aquí, estará catro semanas cunha férula de yeso no seu nocello dereito e, aos dous meses e medio, "máis ou menos", será intervido de novo para retirarlle os parafusos que ten agora mesmo implantados. "Unha vez feito ésto, comezará aos poucos a realizar traballo físico", engadiu. Iso si, Arriaza advertiu que os Servizos Médicos e de Recuperación do Dépor terán que "ir xogando con que a articulación pódese irritar e pode molestar a medida que se lle carga de traballo".
 
O obxectivo que se marca agora mesmo Rafael Arriaza é que Filipe empezo a adestrar con total normalidade a próxima pretemporada. O traumatólogo coruñés estivo acompañado na súa comparecencia polos médicos do Club Ramón Barral e Carlos Lariño. Barral foi o que primeiro atendeu a Filipe no propio vestiario do equipo branquiazul. "Tentamos reducir a luxación pero foinos imposible", comentou. Na ambulancia, con Filipe, acompañoulle o outro doutor, Carlos Lariño: "A verdade é que ía moi enteiro. Apenas me preguntou nada porque creo que preferiu non saber nada ou polo menos non saber todo á vez". 
 
Nada máis producirse a fortuíta lesión de Filipe, o Club actuou con celeridade dada a gravidade da lesión. De maneira que cando o futbolista chegou en ambulancia ao Hospital USP Santa Teresa, estaba xa todo preparado para intervilo cirurxicamente a cargo do traumatólogo do Deportivo, Rafael Arriaza.