RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rondos e balón parado con Jovanović no grupo, nunha mañá de baixa intensidade física

O Dépor, como é habitual 2 días antes de cada partido, rebaixou esta mañá a intensidade do adestramento en Abegondo.

En primeiro lugar, o cadro, hoxe tamén co fabrilista Mujaid, reuniuse cos técnicos na sala de vídeo por espazo de media hora.

Após uns estiramentos no ximnasio dirixidos por Marcos Marcén, preparador físico, os futbolistas saltaron ao céspede para realizar uns rondos e un repaso ás accións a balón parado no campo 2.

Jovanović estivo co grupo nunha mañá de pouca carga física; e só Salva Ruiz e David Simón tiveron un adestramento específico. O futbolista serbio deu así un paso máis na súa recuperación.

Mañá sábado 30 de novembro, o cadro está citada de novo en Abegondo ás 11:00 horas. Será o último adestramento antes de visitar ao CD Lugo este domingo 1 de decembro no Estadio Anxo Carro (18:00 horas, Movistar LaLiga 1).