RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera advirte que "temos que crecer moitísimo en equipo e incrementar o rendemento individual dos xogadores"

Rubén de la Barrera explicou ante os medios de comunicación que "todos os partidos que imos xogar ímolos a querer gañar. Dito isto, nos partidos van ocorrendo cousas que che fan pensar que estás máis preto de facelo e en ocasións que non. É certo que tivemos unha boa entrada ao partido e pasamos uns 25 últimos minutos da primeira parte onde nos custou facer cousas que nos permitisen xogar en campo contrario, obrigábannos a correr. Iso impedíanos atacar con moita xente. Faciamos chegar a pelota á xente de arriba e esa xente en moitos momentos atopábase soa e lonxe dos demais. E defensivamente falando houbo tres situacións de non axustar ben a defensa no centro lateral".

Após o descanso, segundo o técnico deportivista "houbo máis control, a área pechouse ben. É verdade que houbo detalles e poucas aparicións daquilo que viñamos facendo. Si é certo que o que se fixo durante a semana apareceu pero ten que aparecer moitísimo máis. Temos que crecer moitísimo como equipo e axustar e incrementar o rendemento individual de todos e cada un dos xogadores".

Nesta liña, comenta que "neste tipo de partidos tes dúas opcións: Cando parece que non ocorre nada pois gañalo cunha xogada illada; ou doutra banda perdelo. É certo que todos os adestradores xogamos este tipo de partidos. Do que se trata é que os equipos gañadores son os que neste tipo de encontros non perden. Non estou satisfeito co punto pero uno é máis que cero e temos que facelo bo o próximo partido en ABANCA-RIAZOR", o domingo 24 de xaneiro ás 17:00 (TVG) ante a SD Compostela.

Con dous partidos agora na Coruña, Rubén de la Barrera prefire non falar de finais senón de "partidos importantísimos onde o equipo ten que ser moito mellor que o rival e sacar os 3 puntos. Iso é así".

Pide xestionar "da mellor maneira posible" unha vez vistos os demais resultados da xornada: "O que non quero é que esteamos un día arriba, outro día abaixo emocionalmente falando. Temos que ser estables. Este foi o primeiro partido da segunda volta. Sabemos que é unha competición peculiar, hai moitos menos equipos. Hoxe é un máis. Viñamos aquí a gañar o partido. E agora vén o seguinte no que o equipo ten que mellorar o rendemento, facer moito máis e gañar o partido", apunta.