RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera cualifica esta vitoria como "tremendamente necesaria"

Rubén de la Barrera explicou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "dentro do partido ocorreron moitas cousas positivas; pero nesta situación, cando non o pechas, acabas como o fixemos hoxe: os dez últimos minutos de partido con esa incerteza que xera a necesidade do resultado e a clasificación".

Recalcou que hoxe o Deportivo "fixo boas cousas, puido conseguir máis dun gol, non se produciu. O sufrimento que tiñamos claro que ía pasar, afortunadamente puidemos defendelo ben e gañar un partido que era vital".

O técnico coruñés insiste en que esta vitoria "era tremendamente necesaria. Tense que gozar. Noutro momento formaría parte da obrigación que temos. Pero froito da dinámica na que se estaba instaurado, romper (esa dinámica) en base a unha vitoria era o máis importante".

Considera que este resultado "ten que producir maiores melloras no xogo para que a nivel de resultados volvamos falar de confirmar vitorias. Pero hoxe ía diso".

Ademais, apunta sobre os cambios no once do Deportivo esta tarde en ABANCA-RIAZOR respecto ao último encontro disputado en Coruxo, que "o CD Guijuelo ía repetir o que fixo en Pasarón (o pasado mércores). Desde ese momento toda a semana estaba orientada a tentar facerlles dano, a presionar e defender ben, que non houbese contraataques. En base ao desenvolvemento da semana vas vendo e percibindo quen pode achegarse máis a ese plan de xogo. Non me gusta falar de revolucións e si decisións por valorar que podería ocorrer neste partido. E en base a iso o adestrador actúa en consonancia".

Pola súa banda, Chuchi Jorqués, técnico do CD Guijuelo, afirmou que se marcha de ABANCA-RIAZOR con "sensacións amargas polo cadro. Realizamos un traballo sensacional, estou súper orgulloso deles. Non teño moito percorrido como adestrador pero teño un grupo espectacular, sensacional. Vou con el a matar. Fixemos o que adestramos: ser un equipo pro-activo, ir apertar, estabamos a dificultarlles a saída de balón do Dépor, ben plantados. Ao final ocorreu o que pasou durante a temporada. Ese mínimo detalle desequilíbrache a balanza".