RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera: "Hai que tentar ascender por todos os medios"

Rubén de la Barrera manifestou na sala de prensa de Pasarón que "a segunda parte é de vitoria. O que é certo é que impedironcho os pequenos detalles como unha presión alta, xogar sobre a nosa última liña e aí temos que ser gañadores porque impídeche ou non gañar fóra de ABANCA-RIAZOR. Esa é a realidade. Agora non hai marxe de erro", conclúe.

Lembra que "o ano pasado o formato do playoff foi o que foi. O Dépor tivo a opción de xogar en ABANCA-RIAZOR e este ano o formato é diferente. Se non puido ser e agora tampouco nos gusta, non se onde imos xogar. Hai que ir fóra, a competir. Hai que ir e hai que gañar. Hai que tentar ascender por todos o medios pero a través do traballo, do adestramento, de paixón, de enerxía, de fútbol e de fundamentos. Con esas imos e oxalá que nos dea para lograr o que queremos, pero primeiro o primeiro partido da primeira eliminatoria, a preparalo ben e a lograr un bo resultado".

Así pois, subliñou que o play off "hai que xogalo, hai que competir e hai que facelo. Independentemente de rivais ou da condición de locatario o Dépor ten que demostrar o que é, un equipo que ten que recuperar a categoría profesional e iso lévanos a ir con todas as da lei".

Recalca o adestrador deportivista que "non podemos quedarnos en terra de ninguén ou ter medo a facer cousas que son precisamente as que nos teñen que empuxar ou conducir arriba. Queremos apertar, queremos xogar en campo contrario, queremos xerar ocasións e queremos merecer as vitorias".

Destaca que "vexo xogadores pola causa. Hoxe houbo cambios tamén pero todo definido, todo perfecto para conseguilo".

Preguntado por Alberto Quiles, Rubén de la Barrera afirmou que "parece que é xeonllo e hai que determinar a lesión a través de probas mañá. Veremos. Así que de momento somos cautos e non xeremos alarmismo".