RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera ve "un equipo de persoas incrible" pero lembra que para gañar "temos que render ben"

Despois de tres días á fronte do Deportivo, Rubén de la Barrera manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "hai un equipo de persoas incrible. Iso percíbese claro cando eu non estaba aquí e despois da miña chegada".

O técnico deportivista subliña que "todo está repleto de boa xente, de xente que vela polo ben comùn. Nese sentido axudalos, empuxalos e a gañar o domingo, que é o que temos que facer".

Explica que o corpo técnico tratou estes días de traballo de "darlle seguridade ao equipo, darlle referencias, que teñan dúas ou tres cousas claras de cara ao domingo" no partido ante o Salamanca CF UDS no Estadio Helmántico (16:00 horas, Footters). "Hai que gañalo pero hai que gañalo en base ao noso rendemento. Temos que render ben. E render é un concepto moi amplo por tanto temos que activarnos, meternos, emocionarnos, emocionar á xente porque se non vai a ser complicado, facer sentir ao rival que non vai ser o seu día desde o primeiro momento ao último", engade.

Móstrase "moi contento con estes tres primeiros días de traballo; e a chegar da mellor maneira posible ao partido do domingo. Incidindo en certos aspectos para que o equipo estea cómodo e darlle dous ou tres sinales concretas para que tampouco perciban un cambio excesivo", aclara.

Do rival, o Salamanca CF UDS, lembra Rubén de la Barrera que "houbo cambio de adestrador, houbo cambios de xogadores en varias posicións. Ademais é certo que a dous rapaces tívenos no pasado. A pesar da situación espero a un equipo totalmente diferente ao da primeira volta de competición. Non temos referencia porque o partido anterior non o puideron xogar. Do que se trata é de intuír diferentes escenarios e o equipo, tendo tres ou catro cosas claras, poida actuar en consecuencia. Niso centrámonos desde o primeiro día, que nada nos colla de imprevisto atendendo a calquera cousa que eles poidan facer. Espérome un equipo que pretenda incomodarnos, pecharnos os espazos, aproveitando situacións de contraataque. Nós habemos de telo en conta para xerar maior número de ocasións de gol e tentar conceder nada".

O adestrador branquiazul ten claro no seu equipo que "independentemente do número de xogadores, quen están e quen non están, isto é o Dépor. Temos un cadro de moi bos xogadores e por aí do que se trata é de que saibamos aproveitar aos dispoñibles, preparar o partido da mellor maneira posible coa intención de gañalo".