RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén: "Isto pasa por non perder a esperanza e seguir traballando até o final"

Rubén Martínez foi o protagonista esta tarde na sala de prensa de Abegondo. Admite sobre o partido deste sábado 17 de marzo no Estadio ABANCA-RIAZOR ante a UD Las Palmas (13:00 horas, Bein LaLiga) que "cando vai pasando a liga chegan as últimas xornadas e todo é máis decisivo". "É un partido moi moi importante. Isto é fútbol e un despois nunca sabe o que vai pasar. Moitas opcións de salvación pasan por este partido", engade.

Asegura pese ao triunfo do Levante en Xetafe e por suposto a derrota do Dépor en Xirona, cos 'granotas' con 5 puntos de vantaxe na táboa, que "por suposto que segue habendo vida, segue habendo esperanza. E así o afrontamos. Quedan moitos partidos e non podemos baixar os brazos. Isto pasa por non perder a esperanza e seguir traballando pase o que pase até o final".

O meta coruñés opina que "a cousa se complica porque son máis puntos pero temos que gañar nós os nosos partidos e sumar de 3 en 3 porque se non, non vale de nada. Os outros van gañar partidos, como pasou esta fin de semana co Levante".

Recalca Rubén que "a nosa confianza segue ben, segue intacta. Hai que gañar xa empezando por esta fin de semana. Porque se non gañamos esta fin de semana non podemos aspirar a saír de aí abaixo".