RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rui Costa estará uns días á marxe do grupo por unha lesión no recto anterior

Rui Costa estará os próximos días con adestramento específico no ximnasio da Cidade Deportiva a consecuencia dunha lesión muscular no recto anterior da súa perna dereita.

En función da súa evolución, o atacante deportivista pasará acto seguido a completar un plan de readaptación deportiva co readaptador do cadro, Fran Molano; como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.