RCD / NOVAS

Rusia e Hungría, rivais mañá mércores para Teresa Abelleira, María Méndez, Kika, Gaby e Michelle Romero

03/03/2020 21:05

As xogadoras do Deportivo ABANCA Teresa Abelleira, María Méndez, Kika, Gaby e Michelle Romero están concentradas coas súas respectivas seleccións nacionais.

Mañá mércores 4 de marzo, os internacionais branquiazuis xogarán os seus primeiros encontros amigables.

Rusia, primeira cita para España sub-20

Teresa Abelleira e María Méndez inician mañá mércores 4 de marzo coa selección española sub-20 unha serie de partidos amigables, ademais dun torneo '3 en 1' en categoría sub-19. Todos eles na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.

Nesta convocatoria estaba inicialmente tamén Athenea del Castillo, que se perde esta cita internacional por lesión.

As deportivistas mídense mañá a Rusia, a partir das 16:30 no Pinatar Arena Football Center.

O calendario de partidos é o seguinte:

Selección sub-20
Mércores 4 de marzo
16:30: ESPAÑA - RUSIA
Venres 6 de marzo
18:30: ESPAÑA - RUSIA

Selección sub-19
Domingo 8 de marzo
Torneo 3 en 1
ESPAÑA - ESCOCIA
ESPAÑA - BÉLXICA

Kika, Gaby e Michelle Romero enfróntanse con Venezuela a Hungría

As deportivistas Kika, Gaby e Michelle Romero están convocadas pola Directora Técnica da selección de Venezuela, a italiana Pamela Conti, nunha concentración en Antalya (Turquía).

Durante estes días están previstos 3 amigables das venezolanas, todos eles no Gold City Sport Complex, en Antalya.

O primeiro deles será mañá mércores ante Hungría ás 11:00 (hora local, 9:00 en España).

O calendario de partidos de Venezuela é o seguinte:

Mércores 4 de marzo
11:00 (hora local, 9:00 en España): HUNGRÍA - VENEZUELA

Sábado 7 de marzo
15:00 (hora local, 13:00 en España): VENEZUELA - ROMANÍA

Martes 10 de marzo
18:00 (hora local, 16:00 en España): VENEZUELA - HONG KONG