RCD / NOVAS

Ryan Babel e Borja Valle reciben a alta médica

03/12/2016 12:45

Ryan Babel e Borja Vale reciben a alta médica

Ryan Babel e Borja Vale recibiron esta mañá a alta médica e, por conseguinte, están, a falta do adestramento de mañá domingo, xa a disposición de Gaizka Garitano para o partido deste luns 5 de decembro en Riazor ante a Real Sociedad (20.45, Gol TV).

Hoxe, Florin Andone realizou un adestramento específico no ximnasio, a consecuencia dunhas molestias na súa perna esquerda, pendente de evolución.

Están de baixa médica Laure, que se adestrou co readaptador Fran Molano; e Bruno Gama.

Aquí podes ver o estado físico dos xogadores do Dépor: