RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Ryan Babel: ''é un soño feito realidade xogar na liga española''

  Ryan Babel (Amsterdam · Holanda, 19 de decembro de 1986), superó esta mañana no Hospital HM Modelo da Coruñao recoñecemento médico e a continuación firmó na sede do Club o contrato que o vincula

O dianteiro internacional holandés, nas súas primeiras declaracións aos medios de comunicación no propio hospital HM Modelo, confesou estar "moi ilusionado. É un soño feito realidade xogar na liga española. Estou agradecido ao Deportivo que me dese esta oportunidade".
 
O novo atacante deportivista, que mañá venres xa realizará o seu primeiro adestramento en Abegondo, confesou estar "ben, pero aínda non en forma para xogar partidos".
 
Lembra que "sempre é difícil para un xogador que non fixese a pretemporada, pero co meu experencia vou ser capaz de superar isto".
 
Explica que os seus axentes recibiron a chamada do Deportivo "hai uns días. Non o tiven que pensar moito porque é unha gran oportunidade". Neste sentido, espera "cento por cento" poder cumprir na Coruña toda a tempada.