RCD / NOVAS

Sábado de fútbol en Riazor co Mini Teresa Herrera, a final feminina e o debut do Dépor

  O afeccionado ao fútbol en xeral e os deportivistas en particular poden gozar este sábado 8 de agosto de seis horas de bo fútbol no estadio de Riazor.

03/08/2015 21:20

Así, ás 16.00 disputaranse as finais do Mini Teresa Herrera, con estes partidos:
 
-Final prebenjamín: Orillamar - Imperátor, metade do campo correspondente á bancada de Maratón
 
-Final benjamín: Deportivo - Vitoria, metade do campo correspondente á bancada de Pavillón
 
Ás 17.30 horas, a Vitoria CF e o Raio Vallecano pelexarán polo Trofeo Teresa Herrera feminino.
 
Finalmente, ás 20.00 horas arrincará a 70 edición do Trofeo Teresa Herrera, decano dos torneos estivais no mundo, entre o RC Deportivo e o SC Braga, na 'presentación' do conxunto de Víctor Sánchez do Amo en Riazor.