RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Sábado de triunfos en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo, con 4 partidos lonxe de Abegondo

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA presenta un total de 4 partidos hoxe sábado 9 de novembro en Abegondo, todos con vitoria branquiazul: Deportivo ABANCA B (3-1), Xuvenil B (4-0), Cadete A (5-0) e Infantil B (7-0).

Os demais equipos xogan lonxe da Cidade Deportiva, todos mañá domingo 10. 

En Terceira División, a Fabril visita ao CD Estradense ás 17:00. Os fabrilistas, en clara progresión, buscan asentar a praza de playoff de ascenso á conta dun rival da zona media. Luisito, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro. Causan baixa Mujaid, citado co primeiro equipo; Iago Parga, sancionado; e Villares, Reinoso, Boian e Bourdal, lesionados.

A maiores, Xuvenil A, Cadete B e Infantil A visitan ao Real Oviedo (15:45), SCD Milagrosa (12:00) e Sálvora CF (11:00) respectivamente.

Finalmente, alevíns e benxamíns arrincaron na Torre a segunda fase da competición, nesta ocasión baixo o sistema de eliminatorias desde oitavos de final.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
12ª xornada: CD ESTRADENSE - FABRIL, o domingo 10 de novembro ás 17:00 no Novo Municipal da Estrada

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 9ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Patri López, Sara Álvarez e Aroa) - ATLÉTICO AROUSANA 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 10ª xornada: REAL OVIEDO - XUVENIL A, o domingo 10 de novembro ás 15:45 no Requexón (campo 2)

Liga Nacional, 10ª xornada: XUVENIL B 4 (Padín,  Do Carmo e Nájera -2-) - VICTORIA CF 0

Categoría cadete
División de Honra, 10ª xornada: CADETE A 5 (Hugo Baldomar -2-, Diego -2- e Martín Ochoa) - BERGANTIÑOS CF 0

Liga Galega, grupo norte, 10ª xornada: SCD MILAGROSA - CADETE B, o domingo 10 de novembro ás 12:00 no campo Luis López Gorgoso (Lugo)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 10ª xornada: SÁLVORA CF - INFANTIL A, o domingo 10 de novembro ás 11:00 no campo da Trinidade (Ribeira)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 10ª xornada: INFANTIL B 7 (Memet, Óscar -3-, Diego, Beade e Íker Gil) - ORILLAMAR SD 0

Categoría alevín
Promoción á liga Comarcal, oitavos de final: ALEVÍN A 11 (Anxo -3-, Lucas -2-, Rubén -2-, Íker, David, Xabi e Balbas) - CD CIUDAD 0

Eliminatoria de clasificación, oitavos de final, ida: ALEVÍN B 9 (Mauro -3-, Alberto -2-, Nico, Sergio, Ioan e Paulo) - CD CALASANZ F 1

Categoría benxamín
Promoción á liga Comarcal, oitavos de final: BENXAMÍN A 10 (José Quiroga -2-, Hugo -2-, Iago Lameiro, Nico, Iago Varela, Martín Forján, Pablo e Rodrigo) - SCD SAN CRISTÓBAL A 0

Eliminatoria de clasificación, oitavos de final, ida: BENXAMÍN B 12 (Yael -4-, Leo -3-, Thiago -3-, Mario e Hugo) - CD CALASANZ E 1