RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETES

Sábado vitorioso para Deportivo Feminino B, Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete A

  Varios equipos da canteira deportivista xogan este fin de semana partidos amigables, nalgúns casos (Deportivo Feminino B, Xuvenil B e Cadete A), na súa estrea nesta pretemporada. Precisamente este tres equipos xogaron en Abegondo. Os téc

Pola súa banda, o Xuvenil A adxudicouse no campo da Pinguela de Monforte o Memorial Jacobo Camiño. Gañou (1-0) ao Santiago e empatou (0-0) fronte ao Pavillón na final, en partidos de 45 minutos. Nos penaltis foron mellores os deportivistas: 5-4.

Hoxe domingo, de novo o Xuvenil A xoga en Bertamiráns, ás 19.00, o Torneo Café Don Budi, ante o Bertamiráns de Rexional Preferente.
 
O calendario de partidos amigables da canteira, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
 
Categoría Feminina
 
Amigable: DEPORTIVO FEMININO B 7 (Vero -2-, Cape -2-, Lucía e Caro) - SPORTING BURGO 0
 
Categoría Xuvenil
 
Torneo Memorial Jacobo Camiño, o sábado 13 de agosto no campo da Pinguela (Monforte)
Semifinal: XUVENIL A 1 (Adrián) - SANTIAGO 0
 
Final
XUVENIL A 0 - PAVILLÓN DE OURENSE 0. Por penaltis: 5-4
 
Torneo Café Don Budi: BERTAMIRÁNS (Rexional Preferente) - XUVENIL A, o domingo 14 de agosto ás 19.00 horas no Municipal de Bertamiráns
 
Amigable: XUVENIL B 7 (Vermello -5-, Armas e Óscar de Castro) - GALICIA CARANZA (xuvenil A de Liga Galega) 0
 
Categoría Cadete
 
Amigable: CADETE A 3 (Ernesto, Dani e Borja) - GALICIA CARANZA (cadete A de División de Honra) 0