RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sabin Merino: "O bo deste equipo é que temos un cadro amplo e moi competitivo"

Sabin Merino foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

Estas foron algunhas das frases do dianteiro deportivista.

Estado físico

"Cada día atópome mellor. Aínda queda semana e media para empezar a competición. Creo que chegaremos todos en perfectas condicións para afrontar ese primeiro partido con garantías e todo o que vén por diante".

Acompañante en ataque debido aos problemas co gol

"É algo (problemas co gol) que ocorreu hai dous meses e medio. Estamos nunha situación nova. O partido que vén non vai ter nada que ver cos anteriores. O míster mira polo ben do equipo para conseguir esas vitorias que necesitamos. Nós temos que tentar sumar sexa o sistema que sexa".

O Dépor con vantaxe polo seu cadro

"Aquí con vantaxe non parte ninguén. Todos estamos en igualdade de condicións. Logo xa se verá. O bo deste equipo é que temos un cadro amplo e moi competitivo. Con partidos tan seguidos, estou seguro que necesitaremos de todos. Iso é unha pequena garantía e vantaxe que podemos ter".

Fútbol a porta pechada

"As medidas que se tomen teñen que ser igual para todos os clubs. Que un Club teña a posibilidade de contar con público é unha vantaxe. O máis xusto é que todos teñamos as mesmas condicións. O que se decida que sexa para todos igual".

"Hai que tomalo coa maior tranquilidade do mundo. Asumir que a día de hoxe imos xogar a porta pechada, que é ao que hai que adaptarse e que é o maior cambio. Non estamos habituados a xogar sen público. Se se consegue xogar con público para todos será beneficioso pero ao final as medidas que se están tomando son por algo e esperemos que nun futuro a curto prazo póidase ver a xente nos estadios".

Factor determinante neste tramo ligueiro

"É gañar os partidos. É o que conta e o que vale. A situación é nova para todos. Xa veremos. Hai que adaptarse o máis rápido posible a estes novos cambios e asumilos".

Sensacións da mini pretemporada

"Esta semana ao adestrar todos xuntos aseméllase un pouco ao que vén sendo un adestramento normal. Agora mesmo o que máis estamos a traballar son espazos amplos, moito partido, que se asemella ao que nos imos a atopar en dúas semanas".

Obxectivo destes adestramentos en grupo

"Estamos a centrarnos en coller o ton físico, en adaptarnos a eses esforzos que requiren os partidos. Tácticamente non estamos a traballar tanto porque o máis importante agora mesmo é ese ton físico. É unha situación nova para todos xogar cada tres días. É súper importante adaptarse a iso. Xa teremos tempo para traballar tácticamente e asumir o que el nos diga".