RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sabin Merino regresa á lista de convocados de mañá ante o Girona FC

O dianteiro deportivista Sabin Merino é a principal novidade na lista de 18 convocados por Fernando Vázquez para recibir mañá venres 14 de febreiro ao Girona FC en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Gol). "Non levaría a ningún xogador que non puidese xogar de inicio", advirte Fernando Vázquez en rolda de prensa. Así pois, considera que "está perfecto".

Após completar esta semana de adestramentos co grupo, Sabin recibiu hoxe mesmo o visto e prace dos Servizos Médicos.

Queda fóra da citación de maneira forzosa Claudio Beauvue, lesionado. Preguntado por 2 ausencias, Uche e Borja Valle, o técnico deportivista afirmou do primeiro que "espero moitísimo del. Ten que seguir preparándose, adestrando duro para alcanzar un nivel importante que é o que lle pido. Vexo a Uche titular neste equipo"; mentres que do segundo, Borja, sostén que "está perfecto. Numerus clausus da convocatoria. Non teño ningunha queixa del".

Esta mañá, ademais coa presenza do canteirán Álex Cobo, houbo, após un quecemento e rondos, unha serie de exercicios tácticos e un partido a metade de campo 3. Fútbol en espazo reducido, de alta intensidade, puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

O equipo concéntrase mañá venres ao mediodía no Hotel Meliá María Pita, á espera do choque ante o equipo que dirixe o exdeportivista José Luis Martí.