O seleccionador nacional, Iñaki Sáez, convocou tamén ao deportivista César para o encontro amigable que disputará España o mércores 28 en Xénova ante a selección italiana. César únese así a Manuel Pablo e Valerón na lista de España.
Será o penúltimo ensaio antes da fase final da Eurocopa de Portugal.