RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Salomão será operado este venres en Lisboa

Diogo Salomãou será operado este venres en Lisboa do seu xeonllo dereito. Na capital lusa, a súa cidade natal, realizará o seu proceso de recuperación.

O futbolista viaxará nas próximas horas e será examinado polos doutores do Sporting Club de Portugal, o seu club de procedencia, coa resonancia magnética realizada xa na Coruña.

Os Servizos Médicos do Deportivo encabezados polo traumatólogo Rafael Arriaza diagnosticáronlle onte na Coruña unha rotura do ligamento cruzado anterior, co que será baixa xa ata final de tempada.

Ademais, o Club púxose a disposición de Salomão e do Sporting para o que necesiten.