Os Servizos Médicos do Club diagnosticáronlle unha lesión muscular de grao 1 no sóleo. Por conseguinte, o futbolista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, iniciará acto seguido unha etapa de readaptación deportiva.
Salomao viuse obrigado a retirarse do partidillo que o primeiro equipo disputou o pasado luns pola tarde no campo 3 de Abegondo con futbolistas do Fabril e xuvenís.