RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Salva Ruiz, aos nenos da Escola RC Deportivo: "Imos saír seguro"

Salva Ruiz visitou esta tarde aos 45 alumnos e alumnas da Escola RC Deportivo, unha actividade dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos que organiza o Club a través da Fundación.

O lateral deportivista tivo a oportunidade de charlar un intre con todos os participantes, formados ao redor del en semicírculo no centro do terreo de xogo, e someteuse a unha improvisada rolda de prensa, como na sala de prensa de Abegondo. Cal foi o teu rival máis duro? Quen é o teu mellor amigo no Dépor? Te pos nervioso cando saes a xogar? Foron algunhas das cuestións que os peques realizaron ao futbolista valenciano.

Salva Ruiz, do mesmo xeito que sempre que comparece ante os medios de comunicación, asegurou na Escola que "imos saír seguro" da zona baixa da táboa.

O acto concluíu con firma de autógrafos en postais, zapatillas e camisetas; ademais dunha divertida foto de familia, con nenos e profesores cantando, ante o sorriso de Salva: "O branquiazul, é unha cor..." 

Aqueles xogadores que queiran sumarse a esta actividade da Fundación Real Club Deportivo poden facelo informándose e inscribíndose en http://escola.rcdeportivo.es/