RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Salva Ruiz cre que o de hoxe "foi un dos mellores partidos" pero recoñece que "nos faltou o gol"

Salva Ruiz pasouse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR nada máis concluír o encontro ante Unionistas de Salamanca CF.

O lateral branquiazul opina que o de hoxe "foi un dos mellores partidos da temporada. Aínda que é certo que non estamos contentos nin moito menos co resultado, para min isto é o mínimo que ten que ser o Deportivo tanto dentro como fóra de casa. E a partir de aí seguir crecendo".

Cre que esta tarde "en moitos momentos conseguimos encerrar ao rival na súa área. E iso é o que temos que conseguir en todos os partidos. A partir de aí seguir crecendo e non quedarnos só co resultado, aínda que hai que sumar de tres en tres desde xa".

O defensor branquiazul apunta que "o que nos faltou é o gol. Creo que fixemos un partido bastante completo. O Unionistas é o líder da categoría e só recibiu tres goles. Aínda que a priori poucos pensaban que podía estar aí, está a facer un bo ano".

Finalmente, Salva Ruiz asegura que o cadro "non concibe" quedar fóra dos tres primeiros postos, "aínda que é certo que Rubén (de la Barrera) desde o primeiro día díxonos que non miremos a clasificación, que nos centremos en cada partido. Con partidos como este estamos máis preto de gañar que da derrota".