Salva Ruiz foi sometido este mediodía a probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle impediron continuar antonte sobre o céspede de Pasarón.
O lateral zurdo deportivista, a tenor dos exames médicos, sofre unha sobrecarga de aductores.
Salva estará uns días con traballo de readaptación e incorporarase ao grupo segundo a súa evolución.