RCD / NOVAS

Salva Ruiz: "Única e exclusivamente debemos de pensar en gañar o noso partido"

25/03/2021 19:54

Salva Ruiz manifestou esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "desde a semana pasada que non houbo partido vin ao equipo con moitas ganas de competir e de que chegue o domingo, ese partido tan importante" ante o Zamora CF (12:00 horas, TVG).

O lateral deportivista advirte que "única e exclusivamente debemos de pensar en gañar o noso partido. Logo xa veremos".

A nivel individual, vese "ben" no caso de que Rubén de la Barrera opte por el para o lateral zurdo: "Seguín traballando sen problemas durante este mes que non tiven tanta continuidade. É verdade que durante o ano disputei bastantes partidos e síntome preparado para o partido do domingo".

Na súa segunda temporada no Deportivo, lembra que "as emocións foron de montaña rusa. O ano pasado empezamos horrible. Logo houbo un momento que a xente mesmo empezaba a falar de playoff e mira como acabou. E este ano houbo un pouco de todo. Quizais empezou a temporada ao revés e agora temos a oportunidade de reengancharnos outra vez aí arriba".

Insiste en que "é vital gañar o noso partido. Vimos con boas sensacións estas últimas dúas semanas ademais da pasada que traballamos ben. Estamos bastante preparados para o partido do domingo".

É consciente o vestiario branquiazul, segundo Salva Ruiz, que "vai ser un partido moi difícil" ante o Zamora CF: "Polo visto no partido da ida parecéronme un moi bo equipo e por onde están situados neste momento. Fácil non vai ser. Tense que notar que nós nos xogamos agora mesmo moito máis que eles".

Máis novas de: SALVA RUIZ