RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Salva Ruiz ve ao grupo "moi ilusionado"

Salva Ruiz pasou pola sala de prensa de Abegondo, ao concluír o adestramento matinal do Deportivo.

Ao lateral valenciano parécee "ben" os 5 cambios permitidos en cada partido nesta recta final: "É unha medida excepcional para un momento excepcional. Vimos dunha preparación curta, con moito tempo sen adestrar, sen xogar ao fútbol. É bo para todos, para previr lesións e para que non decaia moito o ritmo dos partidos". Ademais, cre que o Dépor podería saír beneficiado por "ter un bo fondo de armario".

Explica que leva "cada vez mellor" esta pretemporada especial. "Ao principio custou un pouco despois de tanto tempo sen facer nada. No meu caso teño un xardín pequeno e puiden facer máis cosas pero logo cando empezas no campo é moi distinto. O corpo técnico preparou unha pretemporada bastante dura, boa para nós. A pesar de que está a custar coller o ritmo, vaise vendo que estamos mellor e imos chegar á primeira semana en boas condicións", engade.

Recoñece que "se pode quedar un pouco curto ter só 2 semanas para traballar todo o mundo en grupo, pero levabamos un tempo con Fernando Vázquez; temos as ideas claras; e vai ser así para todo o mundo. Non hai ningún que teña vantaxe. Vimos dun momento en liga antes do parón e sabemos o que temos que facer".

Após disputar onte o primeiro partidiño de adestramento no campo principal, conta que "os datos do GPS de cada xogador foron moi bos e iso é porque o equipo está con moitas ganas de volver xogar 11 contra 11, de volver xogar un partido de fútbol que é o que a nós máis nos gusta".

Nese sentido ve aos seus compañeiros "moi contentos. Vin ao grupo moi ilusionado", subliñou.

Respecto das palabras do Presidente da UD Las Palmas nas que aseguraba que habería afección no seu estadio xa desde o seu primeiro partido, Salva Ruiz apunta que "deberían ser todos os equipos ou ningún. Xogar en casa ante o teu público dáche un plus, unha enerxía extra neses momentos malos; ou che empuxa e leva polo aire cando estás ben. Se Sanidade cre que é posible e que non hai ningún risco pois ben. Non o vería ben que uns equipos si e outros non".

Finalmente, sobre o calendario dos 2 primeiros partidos, no que por exemplo o Real Oviedo xoga venres e mércores por domingo e mércores no Carlos Tartiere o Dépor, subliña que "unhas semanas prexudicará a uns e outras semanas a outros. Sobre o papel esa debería ser a tendencia. Uns días terás menos descanso e outros máis que o rival porque son moitos partidos e é difícil de cadrar".