San Tirso SD, Victoria FC e CD Lugo serán os rivais do Infantil A na segunda fase da Liga Galega
San Tirso SD, Victoria FC e CD Lugo serán os rivais do Infantil A na segunda fase da Liga Galega, no grupo norte A1.
O formato de competición será de liga a unha volta. O primeiro deste novo subgrupo pasa á semifinal, a partido único; e o vencedor xogará a gran final.
O primeiro partido será en Abegondo este sábado 5 de xuño ás 11:45 ante o Victoria FC.
O calendario de partidos do Infantil A que dirixe Juan Villamisar é o seguinte:
Xornada 1 (05/06/2021) Infantil A - Victoria FC Xornada 2 (12/06/2021) San Tirso SD - Infantil A Xornada 3 (19/06/2021) Infantil A - CD Lugo