RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sara Álvarez adestrarase mañá luns coa selección española sub-17

A xogadora do Deportivo ABANCA B Sara Álvarez incorpórase mañá luns aos adestramentos da selección española sub-17.

Ditas sesións celebraranse até o mércores 30 de outubro na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid), co que a futbolista branquiazul non se perderá ningunha cita ligueira do seu equipo no grupo 1º de Primeira Nacional.

Sara Álvarez, titular onte sábado en Abegondo co Dépor ABANCA B na súa cita ligueira ante o CD Monte, é unha das deportivistas internacionais nas categorías inferiores da selección española, do mesmo xeito que Teresa Abelleira, María Méndez ou Carlota Sánchez.

O cadro branquiazul conta ademais con tres internacionais venezolanas en categoría absoluta: Kika, Gaby e Michelle Romero.